off
Sen categorizar — 2 Xullo, 2018 at 07:10

Apartheid europeo e Guantánamo español

por

Unha foto da organización alemá SOS Mediterranee mostra aos migrantes rescatados

Arranque de cabalo, paraxe de burro e cebada no rabo. Esta é a imaxe que poderia identificar à política migratória de Pedro Sánchez.Acenos e contraacenos, mas como un retroceso cruel. Primeiro liderou o humanitário resgate dos náufragos do navio Aquarius. E agora apadriña guantánamos para emigrantes, refuxiados e apátridas, os novos pobres da terra. Unha aberración que alarga e magnífica eses infaustos centros de retención ilegal em território nacional que son os CIE. Apartheids legais que vulneran normas elementares dos Direitos Humanos e que só na España contabilizan xa 7 suicídios, 35 greves de fame, 33 tumultos e 11 tentativas de fuga. Isto é, o goberno socialista asume como un avanzo un dos aspetos mais degradantes e bárbaros do controlo dos movimentos migratórios forzados.
E se non abondaba con iso, o compromiso adotado na cimeira de Bruxelas do pasado 28 e 29 de xuño se fai para contemporizar cos gobernos xenófobos que inzan médio continente. A Itália pós-fascista e os seus aliados do antigo Bloco do Leste impuxeran as suas teses negacionistas, sen que os líderes europeus que blasonan de salvagardar os princípios democráticos da UE oferecesen unha alternativa decente e inclusiva. Mutatis mutandis como nos anos trinta do século pasado ocorreu ao se axoellar “o mundo libre” às ameazas anexionistas de Hitler. A carga da proba pasou asin dos “novos escravistas”, que até onte podian ser obxeto de multas e estigmatización social por vulnerar os acordos da UE, aos gobernos dos estados membros que sucumbiram à política supremacista de “os nosos primeiro”.
Daí o carácter de simples “pacto voluntário” do plano e non de acordo xurídico, que precisasse a sua aprovación por uma maioria reforçada que englobasse o 55% das nacións integrantes e o 65% da populación. Tráfico de persoas institucionalizado por atacado, porque a infeliz iniciativa nem sequer compromete aos vinte e oito. Deixa-o ao acaso das partes contratantes. Supon-se que dependendo da “memória económica” con que se forneza esa medida para estabelecer os campos de concentración do século XXI en tempos de paz. O que Sánchez nunha conferencia de imprensa posterior ao Consello Europeu cualificou como “virar recursos económicos”. Na liña do que xa ocorre coa Turquia de Erdogán e a Líbia das milícias tribais. Un rexime autoritário e un estado frustrado subcontratados para oficiar de carceleiros do novo proletariado a conta de financiamentos multimilionárias dos cofres comunitários.
Todo iso para asegurar a zona de conforto da Unión Europea e das suas medrosas sociedades. Porque diante e por trás de semellante disparate, que redefine a orientación e as prioridades da UE doravante, existen masas de votantes que desde Hungria a Itália apoiam a partidos ultras e eurocépticos. De repente, quando parecia que España auguraba un vieiro de solidariedade exemplarizante, nos metemos de fouce e couce na segunda lexislatura de Zapatero. Então o PSOE capitulou ante a Alemaña e a troika aceitando a voraz reforma exprés do artigo 135 da Constitución, e agora Sánchez fai o mesmo para salvar a Merkel do acosso dos seus sócios de goberno. En ambos os dous casos fomos danificados netos dos interesses estratéxicos do país xermano no (des)concerto europeu.
Porque non hai nengún eixo Macrón-Sánchez inspirador dunha política altruísta no tema dos imigrantes e refuxiados, como quis facer achar o ridículo aparello de propaganda da Moncloa. Primeiramente, os países que aparecen en todas as quinielas para implementar no seu chán “plataformas rexionais de desembarco”, segundo o deseño do núcleo duro de Bruxelas, son a Grécia e España. O goberno de Tsipras e a coalición radical de esquerdas que acaba de preencher o terceiro resgate e o luzante executivo socialista de “somos a esquerda” cuxo presidente dicia hai só nunha semana que “a política migratória debe ter unha resposta comun europea”, encanto calaba ante a pergunta de se persistirianas devolucións en quente (El País, 24/06/18).
Encanto isto acontecia en Bruxelas, na orla sul do Mediterraneo enfitábase a traxedia dos balseiros en chave de xogo dos tronos. A visita ao reino de Marrocos dos ministros de Exteriores e Interior para exteriorizar a Mohamed VI o negócio segregacionista, ficaba no limbo até que a oferta se faga irresistibel. Mas alén diso, instados polos meios, os neófitos Borrell e Grande-Marlasca incorrian na indignidade de valizar as condenacións polos protestos no Rif e a tese de Rabat sobre o contencioso saharaui com o expediente cúmplice da non interferencia. Afinal de contas, morridos de fome a un e outro lado do mare nostrum, como vocean Trump e Salvini às suas respetivas e fervorosas clientelas.

Os comentarios están pechados

off
A %d blogueros les gusta esto: