off
Ecoloxía, Galiza — 22 Xuño, 2018 at 11:32 a.m.

 V Monográfico Can de Palleiro

by

O pasado domingo 10 de xuño tivo lugar en Silleda (Pontevedra) o  V Monográfico Can de Palleiro, puntuabel para o Trofeo Can de Palleiro do ano. Organizado polo Club da Raza Can de Palleiro, que  desenvolve un importante labor de recuperación da raza, que aínda se atopa en perigo de extinción.O concurso desenvolveuse dentro das actividades que A Semana Verde de Galicia organiza para pór en valor as razas autóctonas galegas e foi xulgado polo veterinario especialista na raza Mauricio Alonso Troncoso. Os resultados do V Monográfico da Raza autóctona Can de Palleiro foron:

RIO de Óscar Oreona Carro. Mellor Cachorro Macho e Mellor Cachorro Absoluto da Exposición

LOBO de José Barreira. Mellor Novo macho da Exposición

CORA de Sara Pacheco. Mellor femia Nova da Exposición e Mellor Mozo Absoluto da Exposición

ROIS de Xosé Manuel Vales. Mellor macho clase aberta da exposición

JANA de Ernesto Fernández. Mellor Femia clase aberta da Exposición e Mellor clase aberta absoluto da Exposición e Mellor Exemplar absoluto da Exposición

O gañador do I Trofeo Can de Palleiro do ano, con 800 puntos e puntuando en 4 dos 5 concursos celebrados, foi ROIS, unha macho propiedade de Xosé Manuel Vales Ramos.

Comments are closed.

off