off
Sen categorizar — 21 Xuño, 2018 at 11:06 a.m.

No comezo do verao é cando mais queima o sol

by

Ao meio dia, as 12 e 7 minutos, entramos oficialmente no verao. A sombra será sete veces menor do que no Nadal


Reloxo solar en Cedeira

O dia do solstício seica é o dia mais longo do ano.  Porén, a noite de San Xoan, non é exactamente a mais curta do ano xa que dura algúns segundos máis que onte e que mañá. Tamén é o dia no que o sol localizado na vertical sobre a nosa testa ten máis forza para queimar a pele. Tendemos a pensar que canta mais calor, mais o o sol queima, mas iso non acontece. O sol non queima mais no verao que en xuño.O refraneiro de noso lémbranos que Polo san Xoán baila o sol no chan. E sobretodo, Por san Xoán, a sardiña molla o pan.

Tamén hoxe teremos a sombra máis curta do ano: entre as 13 e as 14 horas será mais difícil encontrala do que en calquer outro dia do ano. Un espeto de un metro proxectará ao mediodia unha sombra de apenas 30 cm,  encanto que no dia 21 de decembro esa sombra terá pouco mais de 2 metros.

 

Comments are closed.

off
A %d blogueros les gusta esto: