off
Feminismo, Galiza, Movementos sociais, Traballo — 21 Xuño, 2018 at 10:11

As traballadoras de limpeza da Xunta denuncian discriminacións e demandan igualdade salarial

por

As mulleres cobran en Galiza 28,7% menos que os homes


Traballadoras da limpeza da Xunta volveron manifestarse o xoves (veñen repetíndose todas as semanas desde finais do mes de maio) para exixir igualdade salarial e de dereitos. É apenas un colectivo máis das moitas mulleres que padecen discriminación de xénero. Unha discriminación que inclue a fenda salarial máis tamén o exceso de traballo a consecuencia da non substitución de baixas por IT, vacacións ou outro tipo de ausencias. Non hai   muller que teña a categoría de peón especialista en Grupo Norte, a concesionaria do servizo de limpeza da Xunta de Galiza.

 

En Galiza as mulleres continuan cobrando 29% menos que os homes. Catalunya, Extremadura, Andalucía, Baleares, Aragón, Canarias ou Castela reduciron a fenda salarial na derraderia década. O relatorio ” Brecha salarial y techo de cristal’ dos técnicos de Facenda (Gestha) evidenciaba máis unha vez que as mulleres cobran en Galiza menos que os homes. Un 28,7% menos. En cifras absolutas, esa fenda é de media no Estado español de case 4.800 euros menos ao ano. En Galiza a fenda salarial fica como en 2005.

 

Deixar unha resposta

Ten que ser rexistrado para publicar un comentario.

off
A %d blogueros les gusta esto: