off
Movementos sociais, Opinião, Pensamento, Política — 18 Xuño, 2018 at 12:55 p.m.

Putin, o Mundial e as paixóns tristes

by
Canta máis forza adquire a verdade,
menos precisan as sociedades seren gobernadas
(Nicolás de Condorcet)

En 1936 Hitler coroouse internacionalmente cos Xogos Olímpicos celebrados en Berlín baixo o seu liderado. Entón o Terceiro Reich aínda non perpetrara ningunha incursión para anexionar territorios soberanos da súa contorna, aínda que xa eran ben coñecidas as súas arelas expansionistas e o carácter antisemita do rexime. En 2018 Putin preside en Sochi o Mundial de Futbol despois de ocupar Crimea, intervido militarmente en favor da desintegración de Ucraína e facilitado o armamento e o equipo técnico con que se derrubou un avión comercial holandés con perto de 300 pasaxeiros. Ninguén ignora hoxe o carácter oligárquico e caudillista do mandamás do Kremlin.
O maior espectáculo do mundo o blanquea todo. O partido inaugural entre Rusia e Arabia Saudita celebrouse cando este réxime e Emiratos Árabes desencadeaban a ofensiva decisiva da guerra do Iemen, a maior crise humanitaria do planeta segundo a ONU. Pero os afeccionados non entenderían que cousas así afectasen o deporte rei. Están adoitados ver aos seus galácticos lucindo camisetas de países que patrocinan o terrorismo de Estado (Qatar Airways, Fly Emirates) e vulneran os dereitos humanos. Dous gobernos que, como o anfitrión do Mundial 2018, elevaron a homofobia á categoría de política de Estado e favorecen o acoso público de gais e lesbianas.
A inchada milmillonaria que segue o Mundial ruso non ten ideoloxía. Dereitas e esquerdas, ricos e pobres, homes e mulleres, novas e vellos, sen distinción de raza, relixión ou clase, fan oco nas axendas para ver á súa selección favorita. A globalización do fútbol non admite límites nin excepcións. Ao contrario, a súa expansión hai tempo que impacta na política nacional, encumbrando ao poder a magnates desa industria como Berlusconi. E por suposto a ninguén se lle ocorrería propor un boicot ou renunciar a participar na competición por razóns éticas, como fixo a Segunda República española coas olimpíadas do nazismo.
Quizá non haxa exemplo máis evidente da servidume voluntaria do cidadá-masa que predixo o mozo Étienne da Boétie. Polo número e a diversidade das persoas que comulgan con semellante fe. Unha superstición explorada en profundidade en 1665 por Espinoza no seu Tratado teolóxico-político en base a catro cuestiones conexas: por que o pobo é tan profundamente irracional?, por que se enorgullece da súa propia escravitude?, por que os homes loitan pola súa propia escravitude coma se se tratar da súa liberdade?, por que é tan difícil, non xa conquistar,mas aturar a liberdade? Irracionalidade asumida, ou sexa renuncia á herdanza xenética esencial dos seres humanos. Gozar da escravitude coma se fose un achádego, que é tanto como facer da explotación e a dominación un activo. E o que posibelmente é a chave desta submisión: ese fatum que impide a moitos homes e mulleres experimentar a autonomía da liberdade. O medo á liberdade, que dicía Erich Fromm nun sobranceiro libro do mesmo título.
A maioría da xente morre sen coñecer a liberdade porque só existe subsidiariamente, como unha dócil franquía do instituido-dado. As persoas incorpóranse ao mundo que atopan ao nacer porque está aí, coa súa orde xerárquica e transcendente inmutabel, como Deus manda e os representantes electos administran. Iso explica aberracións como a chegada ao poder en Italia dun goberno xenófobo de abaixo-arriba, por vontade popular. É o trunfo das “paixóns tristes”, usando a expresión acuñada por Espinoza, o que explica esta abdicación xeneralizada da condición humana. Todo na sociedade realmente existente conspira para facer da escravitude consentida o principio hexemónico. No plano político, no económico, no social, no intelectual, no afectivo, todo está ao servizo daqueles factores que constriñen a natureza infantilizando a vida ata extremos de amputala no que ten de única, verdadeira e intransferible. Competencia, arribismo, materialismo, ignorancia, insolidariedade, delegación, a superstición, ese culto á morte que implica non “atreverse a pensar por un mesmo” que mencionaba Kant, pavimentan a sociedade caníbal das “paixóns tristes”, recusacións que desde outra perspectiva Adam Smith reflectiría na súa Teoría dos sentimentos morais. Gilles Deleuze descríbeo así tras distinguir entre as accións que derivan da esencia do individuo e as paixóns que proveñen do exterior: ?[?] cando nos atopamos cun corpo exterior que non convén ao noso (é dicir, cuxa relación non se compón coa nosa), todo ocorre coma se a potencia deste corpo opuxésese á nosa potencia operando unha substracción, unha fixación; diríase que a nosa potencia de acción ficou diminuída ou impedida? (Espinoza: filosofía práctica).

Con probabilidade o legado de Spinoza adquire toda a súa fecundidade política ao relacionalo coa fraude da democracia actual e os abrollos  de radicalidade ética dos membros máis comprometidos da sociedade como resposta a esa desvitalización sistémica que está incubando un novo fascismo-populismo. Ese “esforzo vital” (conatus) de cada persoa autogobernándose para dar o mellor de si que desbordou rúas e prazas en tres continentes ao acorde do “non nos representan”. De aí a importancia decisiva do fomento de “as paixóns alegres” como meio de conxurar a desertización que promove a orde legal e a súa correlato a obediencia debida. Expresouno lúcidamente Antoni Aguiló: “A filosofía de Spinoza constitúe un faro de referencia para os activismos que buscan reconectar a política coas preocupacións emocionais e prácticas da vida diaria: os que rodean congresos e bancos; os que pairan desafiuzamentos; os que axitan as maos para gañar consensos; os que teñen a coraxe de dicir non e gritar xa abonda!; os que forman marés humanas de camisolas verdes e brancas; os que cantan no meio (e a pesar) das cargas policiais; os que se ispen e mostran a fraxilidade do corpo golpeado polos cortes; os que disparan versos en agasallo ao público; etc. (?).Mas vivimos nunha época marcada polo predominio das paixóns tristes, que as elites dominantes utilizan para fomentar a pasividade e xerar impotencia fronte ao que presentan como inevitabel”.
Só de nós depende que sigamos elixindo o camiño regalado de vexetar como espectadores dunha vida zombi ou que teñamos a coraxe de ser protagonistas fachendosos e responsabeis de nosa propia existencia.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off