off
Galiza, Movementos sociais, Política, Politica espanhola — 18 Xuño, 2018 at 8:44 p.m.

Feixóo renuncia á carreira para liderar o Partido Popular

by

A súa renuncia preanuncia a unha contenda certa


Un Feixoó bagoante anunciou a súa renuncia a carreira para liderar o PP alegando preferir manter o seu poder en Galiza. A rifa sucesoria no PP é complicada e todos os sinais son de que a renuncia de Alberto Núñez Feixóo pode traducir unha verdadeira batalla campal entre María Dolores de Cospedal e Soraya Sáenz de Santamaría se acaban presentándose á carreira sucesoria. O presidente da Xunta de Galicia abriu o camiño ao preferir permanecer gobernando  Galiza que liderar o PP estatal. Agora é para ver o que Cospedal e Santamaría farán. O actual secretário xeral do PP convocou un evento na terza-feira en Toledo, onde  deberia comunicar o que planexa facer. E resta ver o que fai a até agora  vice-presidenta. Encanto iso, catro persoas xa avanzaran intencións; Pablo Casado, García Margallo e os menos coñecidos, José Luis Boya e José Ramón García Hernández. O prazo para se inscrever é esta cuarta-feira ao meio-dia.

Non o vé claro

Xulgaran antes de hora que Feixoó era o candidato certo, mas non o veu claro. O do compromiso de Feixoó con Galiza non o cre ninguén. Raxoi fallou. Porque Feixoó quería aclamación. Alén diso, non é deputado e a sombra  de Marcial Dorado é longa de máis. Feixoó reclamou co seu silencio unha aclamación que non chegou. E por iso non deu paso avante. Medo ao fracaso, talvez a intuición da separación entre militancia e aparato. Mas a súa renuncia preanuncia a contenda. Un aparato de partido no que Santamaría non ten influencia mas goza de aceptación entre a militancia. Inversamente ao que acontece con Cospedal. E Casado. Os tres representan a parte máis á dereita do PP e os tres con lastre: Cospedal o da  corrupción do PP, o de Soraya a represión. E Casado, o do “a por ellos”, o pasado aznarista do que nunca recusou.  Margallo, quen non ten nada a perder, tamén se presenta. Perderan capacidade de control? Porque tamén se apresentou quen quere unhas primarias, talvez o que menos opcións ten, o deputado  José Ramón García Hernández (portavoz de relacions internacionais do PP). O congreso ben pode ser unha caixa de Pandora.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off