off
América, Cinema, Comunidades Galegas, Galiza, Movementos sociais, Política — 17 Xuño, 2018 at 6:26 a.m.

O renovación do web do CGAI visibiliza o exilio de Castelao

by

Imaxes de Castelao en Buenos Aires de Eligio González (1972).

Filme de 1972 que recolle a presenza do político Alfonso Daniel Rogriguez Castelao na Arxentina dende o seu exilio en 1940 até o seu pasamento entre o grupo de galegos emigrados após o golpe de estado de 1939. As inclemencias dun exilio que o levou de ser representante oficioso dun goberno en exercicio, após o plebiscito estatutario de xuño de 1936, a ter a consideración de exiliado político, aínda que chegase a tal condición por un camiño dificil e mesmo rexeitase algunhas das vantaxes (económicas e diplomáticas) que lograron as elites políticas republicanas exiliadas en América. De feito, exilio do Partido Galeguista non se beneficiou das axudas que, a través de organizacións como o Servicio de Evacuación de Exiliados Españoles (SERE) ou a Junta de Auxilio a los Republicanos Españoles (JARE), sufragaron viaxes e primeiras necesidades dos milleiros de refuxiados que lograron viaxar nos barcos fretados desde Francia cara a diversos países de América.  A fita foi un agasallo do reporteiro gráfico Eligio González, de orixe ourensá e emigrado a Bos Aires, que lle ofreceu ao Centro Galego da cidade. Durante anos filmara o escritor en diversas aparicións, que arruma neste  documentario de fondo valor patrimonial. Restaurado polo CGAI en 1995, permite intuir que o arelado destino de Bos Aires foi finalmente alcanzado en agosto de 1940. Ainda que antes,en Montevideo, foi recibido con grande entusiamo pola colectividade exteritor máis populosa . Castelao reintegrábase á emigración que tan ben coñecía no colo da súa familia emigrada a finais do s.XIX e ele proprio como neno emigrante na Pampa arxentina, ao chamado dunha elite afouta de fasquía republicana e galeguista que viña traballando había vinte anos por soeguer un proxecto políticó republicano galeguis en conexión coa organización existente na Galiza. A experiencia republicana e o holocausto franquista acrecentaran a conciencia política dos emigrados porteños, que se converteron nun dos berces da resistencia á España franquista.

 

“Un viaje por Galicia”( 1958) de Manuel Arís

Entre outros filmes que se poden ver no web do Centro Galego de Artes da Imaxe “Un viaje por Galicia”( 1958) de Manuel Arís, emigrado a Montevideo que filmou as imaxes entre 1953 e 1958 nas súas continuas viaxes a Galicia. Supón un percorrido polas catro provincias, de fondo valor patrimonial, moi apreciado polos emigrados de ultramar, que podían ver o que acontecía no seu fogar e como estaba a mudar grazas ás filmacións en 16mm de Arís. Proba do seu éxito foi a explotación durante dezaoito semanas seguidas no Gran Cine Mitre de Bos Aires.

 

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off