off
América, Arte, Cinema, Pintura, Portugal — 15 Xuño, 2018 at 7:51 a.m.

Bárbara Balaclava: a narrativa anticolonialista de Thiago Martins de Melo, no Porto

by

Catro mil pinturas transformadas en curta-metraxe para amosar os abusos contra as populacións indíxenas e negra do Brasil. Desde o 14 de xuño até 29 de xullo, no ámbito do programa Emergência do espazo Maus Hábitos, no Porto.


Bárbara Balaclava é o nome do filme de 14 minutos producido por Thiago Martins de Melo, pintor brasileiro de São Luis do Maranhão, sob a curadoria de Moacir dos Anjos, investigador da Fundação Joaquim Nabuco, no Recife, onde coordena, desde 2009, o proxeto de exposicións Política da Arte. A curta-ritual foi montada a partires da técnica de stop motion, ensarillando pinturas a óleo, acrílico e acuarela.

“… tem consciência de que o signo tem poder e faz dele sua pajelança artística para curar, vingar, despertar e libertar personagens e público, nas diversas dimensões e tempos do universo, os regendo por sua ética pessoal”,  afirma Viviane Vazzi Pedro

Bárbara Balaclava foi criado en 2016 para refletir  na poblemática da dominación e confronto político-social da história do Brasil, procurando amosar os abusos contra as populacións indíxenas e negra do país. O trecho disponíbel no Youtube do xornal Publico.pt explica que “o filme trata unha loita ancestral entre as populacións tradicionais e o desenvolvimento, ao mesmo tempo que estabelece unha relación co xamanismo (pajelança) — procura compreendelo e compreender tamén a loita através das tradicións espirituais da rexión amazónica.”Segundo recolle Viviane Vazzi Pedro no seu comentario, para o  crítico, Gunnar Kvaran, Bárbara Balaclava identifica a sua capacidade de reinvención da estrutura narrativa no universo da pintura  e o alcance conceitual dos tradicionais termos antropofaxia e canibalismo.

Nunha enxurrada de imaxes acompañada das notas porticais do hino brasileiro, a curta-metraxe agora avanza, agora hesita e reconsidera a persistencia da dominación das comunidades indíxenas e negras . O filme mostra a disparidade de orixe de homes e mulleres en conflito transpondo para o lenzo a textura da dominación e os seus efeitos violentos nunha  metanarrativa que a obra previa de Thiago Martins de Melo foi tecendo  através de arquétipos barrocos que serven para seguirmos a traxetoria dunha mártir descoñecida desde  o despoxo e masacre da sua aldea até a morte sob tortura policial nunha experiencia e reencontro en encarnación anterior que culmina no batismo no cerne de Pindorama.

destruição rói fundo e assim purifica a própria autoridade suprema. (…) A revolta – a face descomposta pelo êxtase amoroso –, a Deus arranca a máscara de ingenuidade e assim a opressão desaba no estrépito do tempo. 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off