off
Sen categorizar — 14 Xuño, 2018 at 7:40 a.m.

Memorial dos asasinados polos franquistas en Ferrolterra

by

En Ferrolterra, Ortegal e Eume o franquismo fusilou e ‘paseou’ por volta de  800 persoas entre 1936 e 1939 ainda que a represión continuou durante toda a ditadura e alén  a morte do ditador, de xeito que a cifra total de persoas asasinadas até 1976 achegase ás 1000. Os historiadores Bernardo Máiz Vázquez e Xosé Manuel Suárez elaboraran unha listaxe de até 950 persoas que serviu de fundamento da moción presentada por Maiz en representación dun colectivo de integrado por familiares das víctimas e historiadores a prol dun memorial  democrático en lembranza dos asasinados polo franquismo.


 

O 29 de setembro do 2017 o historiador Bernardo Máiz apresentaba unha moción en representación dun colectivo de historiadores, familiares das vítimas e activistas sociais de Ferrolterra e aprobada cos votos a favor de todos os grupos e a abstención do PP, co obxectivo de constuir un Memorial que recollerá os nomes de vítimas do franquismo “nos territorios de Eume-Ferrolterra-Ortegal, tomando como centro de referencia Ferrol como lugar onde a represión mortal foi cuantitativamente máis elevada”.

A listaxe permanecerá pública quince días no  web do Concello de Ferrol para que a cidadanía poida  comunicar ou emendar  a través dun formulario as “inexactitudes, omisións, erros ou ausencias” que poida haber. Segundo fontes do concello ferrolán é unha base de datos “moi fiablel  e completa de persoas represaliadas” e na que tamén se comoprobaron as datas e lugares dos asasinatos.

O memorial, segundo a expresa a moción, deberá “recoller dignamente a nómina alfabética e cronolóxica” das vítimas do franquismo nos 25 concellos de Ferrolterra, Eume e Ortegal, recompilación que levan tempo facendo Máiz e Suárez e da que xa hai resultados logo de “dificultades para pescudar as identidades de todas as vítimas”, como destaca o Concello de Ferrol. A listaxe que agora foi publicada e aberta a modificación derívase dun demorado proceso de pescuda e investigación histórica  “contrastada na análise dos sumarios dos consellos de guerra que produciu a represión” despois que o Exército español se erguera en armas, con apoio da Igrexa, burguesía industrial e terratenentes contra da legalidade republicana, así como da “investigación en rexistros civís e parroquiais”,  esculcando, “contrastado na análise dos sumarios dos consellos de guerra que produciu a represión e coa investigación en rexistros civís e parroquiais, contan cunha moi fiable e completa base de datos de persoas represaliadas con nomes, datas, lugares, …”

“A represión foi o medio principal para acadar un Nuevo Estado asentado de maneira permanente nunha represión metódica e implacable, un réxime que nunca se someteu a ningún control democrático: aquel tempo cruel durou ata 1976, catro décadas”

Segundo se expresa no web do Concello de Ferrol “con este Memorial, renderemos homenaxe perdurable ás mulleres e homes que entre 1936 e 1976 deron a súa vida na defensa da democracia e a igualdade”

A listaxe de asasinados é conformada por 968 nomes e 16 “descoñecidos” cuxa contorna social e familiar foi represaliada após unha sublevación militar que  só entre o 20 e o 25 de xullo de 1936, deixou en Ferrolterra-Eume-Ortegal 41 persoas mortas en enfrontamentos directos entre os grupos sublevados e os defensores da legalidade republicana. “Porén, unha vez que as novas autoridades franquistas se fixeron con control total do territorio iniciouse “a terrible secuencia cotiá de asasinatos irregulares e de execucións en aplicación dunha  normativa militar sempre ilegal por derivar dun golpe de estado”, segundo destacou o propio Bernardo Maiz na presentación na moción aprobada. A maioría dos asasinatos producíronse entre 1936 e 1939, case un cento entre 1940 e 1954 e algúns máis despois. Entre eles tamén se atopan os 42 ocupantes do mercante Udondo, executados en setembro no cemiterio de Serantes. O historiador lembrou que nesta área foron sete os rexedores executados (Cabanas, Cedeira, Fene, Mañón, Monfero, Mugardos e Serantes), ademais de 40 concelleiros ou do simbólico caso de Quintanilla”.

 

Comments are closed.

off