off

Ana Miranda critica a reforma eleitoral que pretende aumentar a porcentaxe mínima de votos do 3 ao 5% e relegar a diversidade dos Pobos de Europa

by

A nova Lei Eleitoral Europea pode deixar sen representación a Esquerra, Bildu, Compromis e BNG en Europa


A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, vén de afirmar que “non podemos permitir que forzas como o BNG queden sen representación por unha manobra dos partidos maioritarios para limitar a presenza de partidos nacionalistas”. Miranda lembra que é xusto a un ano das vindeiras eleccións europeas cando o Consello da Unión Europea pretender recuperar unha lei electoral de 1978 e que podería entrar en vigor nos comicios do 2019 inxerindo ” un límite inaceptabel da diversidade nacional”,acrescentou.

Esta mudanza será votado na vindeira sesión plenaria do mes de xullo,  afectando especialmente ás circunscricións únicas con máis de 35 escanos, como é o caso en concreto do estado español e de Alemaña. “Contamos coa vantaxe de que para resultar aprobada precisa o respaldo da maioría absoluta do Parlamento, o cal dificulta a súa aprobación, pero indudablemente temos que estar alerta”, apunta a eurodeputada galega.

A reforma vai aparellada ao reparto parcial de escanos tras a saída de Gran Bretaña da Unión Europea. Deste xeito, co Brexit, o Parlamento Europeo pasa de ter 751 a 705 eurodeputadas e eurodeputados. Na nova composición do Parlamento Europeo, 46 dos 73 escanos do Reino Unido pasan á reserva, mentres que 27 deles distribuiranse entre 14 Estados membros e a no caso do Estado español pasaríase de ter 54 eurodeputad@s a 59 nas vindeiras eleccións europeas de maio de 2019. Esta modificación foi aprobada hoxe na Eurocámara con 566 votos a favor, 94 en contra e 31 abstencións.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off