off
Sen categorizar — 12 Xuño, 2018 at 11:06

O ‘Aquarius’ viaxará para Valencia, escoltado por navios militares italianos

por

Entanto os prefeitos do sul da Itália desafian as ordes de Salvini e oferecen seus portos, o barco de resgate recebeu confirmación oficial da rota e provisión para migrantes. Bruxelas apreza o xesto de España: “É solidariedade real”, entanto a rexidora de Barcelona Ada Colau oferece Barcelona para  ‘Aquárius’ atracar no porto da cidade. As  Baleares tamén mostran seu compromiso de colaborar na chegada do navio.


Aquarius . Twitter de Pilar H. Lucas ‏@PilarHLuc

O barco de resgate Aquarius, que trouxo 629 migrantes resgatados a bordo, entre os que hai menores non acompañado e mulleres preñadas, finalmente viaxará para Valencia escoltado por dous navios da mariña italiana, onde os naufragos probabelmente serán transferidos para viaxar, xa que o navio da ONG esta sobrecarregada tal e como advertiran horans antes SOS Mediterranée e Médicos sen Fronteiras .
Cando o barco estaba  parado entre Malta e Itália, que se recusarab a dar permiso para pousar os naufragos, Nicola Stalla, coordenador do SOS Mediterrané na Itália, informaba a media noita a un xornalista do Euronews embarcado no barco de resgate, que as ONGs optaran por non se mudar para a España porque seria unha ve longa e perigosa para os migrantes resgatados: “Chegara Valencia significa expor os migrantes a unha viaxe árdua. A bordo ainda hai comida e auga, mas non o suficiente para toda a travesía: a tripulación di que seria moi arriscado.” No domingo pasado, o Ministério do Interior de Malta afirmou que a situación do navio Aquarius da ONG francesa SOS Méditerranée non é da sua competencia, unha vez que o resgate ocorreu nunha zona marítima coordenada por Roma. Encanto iso, o ministro italiano do Interior, Matteo Salvini, publicou nas redes sociais que “a partir de hoxe [neste domingo] a Itália comeza a dicer ‘non’ ao tráfico de seres humanos” e á imigración ilegal. Nas suas afirmacións, no entanto, non menciona o navio com os 629 imigrantes. Mais tarde, escrebeu no seu twitter #Chiudiamoiporti (fechar os portos), xuntamente cunha imaxe dele.

A SOS Mediterrané confirmou que o navio “recebeu a confirmación oficial” de que o “porto de seguranza” para o cal tiña que ir era Valencia. “As equipes estãan aliviadas de que comezaran a encontrar unha solución para a situación. Ainda asi, o resultado é un prolongamento desnecesário do tempo no mar para persoas xa vulnerábeis”, afirma nun tweet, que tamén confirma que o barco foi fornecido con alimentos e medicación. 

O Aquarius

O ‘Aquarius’ é un barco de resgate de migrantes no Mediterráneo central,xerido polas ONGs SOS Mediterranée e Médicos Sen Fronteiras que operan na área desde 2016. É un antigo navio da Guarda Costeira Alemá que estaba en uso entre 1977 e 2008. Actualmente ten a bandeira de Xibraltar. Con 77 metros de comprimento, pode acomodar até 500 persoas

Pep Guardiola e ”Open Arms’

A emisora de radio RAC1 informou esta mañá no programa ‘El món a RAC1’ que o  entrenador de futbol Pep Guardiola pagou os 150.000 euros da reparación do barco ‘‘Open Arms’.

 

 

Os comentarios están pechados

off
A %d blogueros les gusta esto: