off
Cedeira, Galiza, Política, Política local — 12 Xuño, 2018 at 08:03

Cedeira colaborará na financiación do servizo da Casa de Acollida para Vítimas de Violencia de Xénero de Ferrol

por

[Pingota Comunicación] O Concello de Cedeira contribuirá cun total de 12.277,25 euros á financiamento do servizo da Casa de Acollida para Vítimas de Violencia de Xénero de Ferrol, un compromiso que o alcalde, Pablo Moreda Gil, calificou de “importante” porcanto garante a atención de vítimas de violencia de xénero por persoal cualificado e experto. O devandito importe desglosarase nun total de catro anualidades. O asunto abordouse na sesión plenaria que a corporación municipal celebrou na tarde do pasado xoves e na que tamén resultou aprobada unha modificación presupuestaria por importe de 591.340, 05 euros. Con cargo á citada cantidade, o equipo de goberno liquidará o empréstito provincial PAI 2016 solicitado para acometer a reforma e ampliación da biblioteca (207.697,26 euros) e financiará un paquete de obras e iniciativas, entre as que cabe destacar os máis de 66.000 euros que o Concello prevé investir na construción de novos vestiarios no campo de fútbol, “unha iniciativa para levar a igualdade tamén ao deporte”, segundo apuntou o alcalde. A capacidade de financiamento do Concello de Cedeira é de 762.189,89 euros, o remanente de tesourería para gastos xerais, segundo o expediente de liquidación do orzamento de 2017, ascende a 2.109.295,80 euros, mentras que débeda municipal quedou a cero.

O pleno tamén aprobou o orzamento municipal para o presente ano, que ascende a 5,7 millóns de euros, e a segunda addenda ao convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Cedeira para acometer o proxecto de mellora do saneamento. O investimento total da obra ascende a 733.650,71 euros, dos que este ano gastaranse 600.000 euros.

Ricardo Carvalho Calero

A corporación municipal de Cedeira secundou tamén a moción presentada polo equipo de goberno pola que se insta á Real Academia Galega para que se lle adique o dia das Letras Galegas do ano 2019 ao escritor e  primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galegas, Ricardo Carvalho Calero.


Este texto é un servizo da axencia Pingota Comunicación. 
O Ollaparo non interveu na selección, nen no editorial, nen no contido da notícia



 				

Deixar unha resposta

Ten que ser rexistrado para publicar un comentario.

off
A %d blogueros les gusta esto: