off
Movementos sociais, Opinião, Política, Politica espanhola — 8 Xuño, 2018 at 7:06 a.m.

O Suresnes feminino de Pedro Sánchez

by

En 31 de maio, alguns dias antes de activar a moción de censura do PSOE, escrebía algunhas liñas avaliando a iniciativa como unha posibel Segunda Transición. Loxicamente, o texto nada mais era do que unha presunción intelectual arriscada. Entrou no vício tan frecuente entre os escribidores de cobrar a peza antes de cazala. Agora, proclamado o goberno xurdido desta nova concorrencia de fraquezas partidárias que atinxiu Mariano Raxoi, acho que o prognóstico camiña em direción ao seu obxetivo. A flecha é liberada.
Nesa nota des circunstancias, afirmaba que a Transición da ditadura á democracia (1975-1978) tamén foi configurada nun totum revolutum no cal forzas díspares converxiran cun obxetivo comun. A superación do pasado inmediato, facendo da da virtude unha necesidade, foi a moeda que o  sincretismo fose forxado. Tamén argumentaba que no concurso de cesións cruzadas que tal proxecto implicou, os principios fundamentais foran deixados vacíos, de modo que o estaxio que foi aberto preservou un certo status quo en relación ao precedente. Asuntos como a forma monárquica de Estado; a confirmación do rei nomeado por Franco; a aceitación da economia de mercado sen grandes perdas, a amnésia histórica vestida de amnistia; ou o respeito das alianzas militares tranzadas polo rexime anterior, foran alguns deses elementos de continuidade. Unha cidadania entregada abriu o camiño para “o milagre español” (para outros, unha “anomalia” perniciosa) que hoxe busca a reedición.

Pedro Sánchez con Felipe González e Alfonso Guerra no 40º aniversário do Congreso Suresnes / Foto: Inma Mesa (PSOE) CC-BY-SA. eldiario.es

Porque o que ainda diferenciava unha transición en acto de outra en potencia era Suresnes. Aquele congreso que os socialistas do interior celebraran en 1974 para romper as amarracións cos antigos republicanos que desde o exílio representaban o legado do PSOE histórico. Mas depois da formación do gabinete de Pedro Sánchez, ese flanco tamén foi coberto. Nesta xeira, o Suresnes 2018 non tibo que embalar e viaxar para o outro lado dos Pirinéus. A ruptura cos seus antecesores foi encoraxada cando a vella garda tentou acabar con Sanchez através da greve da man da xestora. Esa é a primeira lección a ser aprendida coa formación da equipe do goberno socialista que emerxiu da moción de censura. Seu núcleo duro é composto de persoas que naqueles dias difíceis e na travesia subsecuente do deserto permaneceran fiéis à defenestrada pola conspiración das camisas vellas e seus terminais mediáticos.

E agora que? Sen dúbida, o grande desvantaxe deste goberno socialista a respeito do presidido por Felipe González cando chegou ao poder en 1982 (con cero ministras no gabinete) radica na extrema fraqueza dada polos seus 82 deputados, que non será corrosiva até que non saian á superficie os compromisos contraídos cos seus  aliados ocasionais. E encanto esa contraparte amadurece, Sánchez pode aprobar unha serie de medidas populares que lle permitan expandir a súa zona de conforto entre o eleitorado. Cuestións como a revogación parcial da Lei da Mordaza; a revisión dos aspectos máis prexudiciais da reforma traballista do PP; a actualización das pensións de acordo co IPC; a legalización da eutanasia; melloras nas políticas de igualdade e dependencia; e outros asuntos de tal natureza que non “custan diñeiro” permitirán que Sánchez aumente  seu crédito entre a cidadanía para mitigar problemas desestabilizadores a curto prazo.
É claro que ese estado de graza evitará calquer esixencia depreciativa sobre a reforma do artigo 135 da Constitución, nó gordio  de todos os axustes e recortes; ou a reforma de pensións e laboral perpetrada por Zapatero. Todo iso caeu na axenda do esquecemento de actores políticos de esquerda (Unidos Podemos) e axentes sociais (CCOO e UXT), comprometidos co “váyase señor Rajoy”. A centrais sindicais, que protagonizaron unha folga xeral contra a reforma do mercado de traballo decretada por Zapatero (pactaron a das pensións) xa insinuaron que non pensan tomar medidas drásticas nese terreo. Contentásense con meros retoques sen sacar os pés do testo como manda o manual do consenso. Nese marco o papel máis incómodo correspóndelle ao partido morado, o único en proclamar o seu apoio incondicional á moción de censura. Outra coincidencia co ocorrido na Primeira Transición. Onde o PCE sufriu unha opa amigable (fogo cruzado) do felipismo que derivaría nunha decisiva migración de militantes, cadros e votantes desde as fileiras do carrillismo cara ao emerxente PSOE.
Unha espada de Damocles difícil de esquivar para Pablo Iglesias se a “xeira Sánchez” afiánzase como Segunda Transición, dado que boa parte do capital político de Podemos provén de socialistas desamparados. De activarse esa hipótese, o pablismo atoparíase ante un dilema envelenado tendo en conta da súa incondicionalidade de orixe (fe cega no “anti” primeiro). Incorrer en algo similar á que foi a “pinza” de Anguita con Aznar, lonxe de frear esa deriva, podería desestabilizar estruturalmente á formación que chegou á política española en plena crise para acantoar ao bipartidismo indiscriminadamente (PSOE, PP, a mesma merda é). Debe ser a imaturidade dos líderes da Podemos e a súa bipolaridade temperamental choquen as condicións para tropezar na mesma pedra que levou ao vello PCE a compensar a canteira do felipismo rampante.Todo iso se Cataluña se “pacifica”, vía medidas de achegamento de presos e asistencia financeira desde o Estado para blindar o regreso ao autonomismo de Torra, facendo innecesario outro 155 e a súa rifa consecuente. Nese suposto impredicible, o PSOE de Sánchez podería encarar o futuro sen ter unha man atada ás costas. Con todo, se novamente o Procés entrase en ebulición, non está claro que a recuperación do 155 por Sánchez levase as cargas de profundidade que acusou o goberno de Rajoy. Mesmo podería suceder que sacase forzas de fraquezas. E que esa reincidencia forzada permitise desvitalizar as posicións de Cidadáns en Cataluña e en España a favor do sanchismo, orixinando tamén un retorno nómade dos que migraron de Ferraz pola súa morneza fronte ao órdago catalanista. Lembrando o que aconteceu na Transición cando algunhas das familiares ideolóxicas da UCD aterraron no PSOE de Suresnes. A história non pára ou tropeza, mas às vezces ten réplicas caprichosas.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off