off
Sen categorizar — 8 Xuño, 2018 at 8:24 a.m.

Grande-Marlaska, o lingüista rampante

by

O xuiz que non investigou torturas e cuestionou a liberdade de expresión


O novo ministro do Interior español, Fernando Grande-Marlaska (Bilbo,1962) non é apenas coñecido polas suas posicións contra o nacionalismo -basco, non o español – e sua afouta defensa  da institución monarquista, mas grazas ás hemerotecas tamén foi descoberto que o ex-xuiz é un lingüista especialista … que considera que o galego é un “dialecto”. De feito, Grande-Marlaska non tivo problema nengún en asinar unha providencia en 2008 referindose á lingua dos galegos como un “diacleto”, e non especificamente no contexto en que todas as línguas latinas – tamén o español – son dialectos do latin, encanto sistema lingüístico derivado doutro, mas si na consideración de que é unha segunda clase en relación ao español.

En lo referente a la petición de designación de intérprete de dialecto gallego, ya se instó en su día por este juzgado de la empresa encargada”, afirma a providencia. Toda unha revelación lingüística, mais un episódio de desprezo polas línguas faladas na España que non son españolas.

 

 

Fernando Grande-Marlaska, nascido en Bilbao, até agora membro do Consello Xeral do Poder Xudiciário a proposta do PP, tem unha longa história como maxistrado da Audiencia Nacional, non sen controvérsia. Unha das suas últimas decisións foi lanzar unha votación particular contrária á decisión absolutoria da Audiencia Nacional a un utente do Twitter por alegada apoloxía do terrorismo. Grande-Marlaska considerou que o activista tiña de ser condenado a un ano de prisión, que chiara  mensaxes sobre Luis Carrero Blanco, asasinado pola ETA en decembro de 1973. De feito, o xuiz trouxe moitos casos ligados a organización xa disolvida.

En 2005, e enviou a prisión a Iñaki de Juana Chaos  por artigos publicados no xornal ‘Gara’, no cal, de acordo coa decisión do Audiencia Nacional, dedicou ameazas terroristas aos responsábeis ​​de  prisións, políticos e xuíces. Sua nomeación como ministro non foi ben recebida polo líder da esquerda de Abertzale, Arnaldo Otegi, que ten un histórico co maxistrado. Decretou  prisión eludibel baixo fianza de 250.000 euros en 2006 por consideralo “indutor” dos actos que ocorreran durante un dia de greve en Euskadi e Navarra pola morte de dous prisioneiros da ETA. Alén diso, procesou Otegi polo suposto financiamento da organización através de ‘herriko tabernas’. Tamén instruiu o famoso caso do Bar Pheasant contra a estrutura de extorsión da ETA durante o mandato do socialista Alfredo Pérez Rubalcaba.

Por outro lado, o xuiz apresentou a causa investigando as alegadas irregularidades cometidas na contratación do avión Yak-42, que caiu en 26 de maio de 2003, e causou a morte de 62 soldados españois que retornaban dunha misión no Afeganistán. O maxistrado non viu entón nengunha responsabilidade por parte do Ministério da Defensa, dirixido na altura por Federico Trillo. En abril de 2008, o tribunal co forzou a reabrir o caso, embora, após meses de instrución,  novamente decretou sobreseimento. Xa en 2017  ex-ministra da Defesa María Dolores de Cospedal acabou pedindo perdón en nome do Estado e recoñeceu os erros.

En 2009, Marlaska enviou 31 membros da SEGI para o cárcere, unha organización que chamaba “unha verdadeira academia terrorista”. A Audiencia Nacional os dispensou e a sentenza considerou que Marlaska, que tiña instruído o caso, non tomou medidas para impedir que os mozos fosen torturados. Un dos avogados mais envolvidos na defesa dos membros do grupo abertzale, Amaia Izko, subliñou que nove veces o Tribunal Europeu dos Dereitos Humanos condenou a España por non pescudar  a tortura en Euskadi, Grande-Marlaska  foi o instrutor en seis dos casos.

 

Comments are closed.

off