off

A UE pacta unha nova lei eleitoral que irá beneficiar os partidos de nível estatal

por

A UE pacta unha nova lei eleitoral que irá punir o BNG, ERC e o PDECat, que poderian ficar sen asentos no Parlamento Europeu.


Ainda hai unha votación do Parlamento Europeu, que pode vetar as mudanzas, mas as alarmes xa saltaran. Os Estados-Membros acordaram onte unha reforma da lei eleitoral europea que irá beneficiar os partidos de nível estatal e prexudicará as formacións que son fortes, esencialmente nunha comunidade autónoma, como o BNG en Galiza ou ERC ou o PDECat na Cataluña. A grande novidade é que introduce pola primeira vez un limiar mínimo de votos, entre 2% e 5% – corresponderá aos estados para especificar a percentagxe -, para poder obter representación no Parlamento Europeu. Só será aplicado ás circunscricións que teñan, polo menos, 35 cadeiras – na España e en mais cinco países – e nas que estabelezan un distrito único nas europeas. Na prática, apenas a España e a Alemaña serán afectadas, porque hai numerosos partidos que se aproximam de 5% dos votos. A reforma, na verdade, é feita a medida para a Alemaña, país que forzou mudanzas na Europa. O goberno de Angela Merkel tentou primeiro facer a reforma para introducir o limiar mínimo dentro da estrutura de sua lei eleitoral nacional, mas o  Constitucional do país a derrubou e convocou Berlin para facer a modificación na lei eleitoral europea.

Os cambios na lei electoral europea necesitan a aprobación do Eurocambra para poder ser aprobados. Non está claro o que pode pasar. En principio, o PP europeo, o principal grupo do Parlamento, o apoiará. O descoñecido é o que farán os socialistas. En calquera caso, aínda que aprobado este ano, algunhas fontes advirten que é “practicamente imposibel” modificar a lei eleitoral en España antes das eleccións de 2019.

Os partidos de eido autonómico xa están prexudicados coa actual lei eleitoral europea

Ana Miranda,europarlamentaria galega, coas vítimas de Angrois na Comisión de Peticións da Eurocámara CC BY-NC-SA BNG

Coa circunscrición única estatal están obrigados a aparecer en coalición con outros partidos para obter asentos. Convergència i Unió (CiU), por exemplo, dirixiuse ao Europeo de 2014 en mans do PNB, a Coalición Canaria e o Compromiso X Galicia(CxG). Xuntos obtiveron un 5,42% dos votos e 4 escanos en Bruxelas e Estrasburgo.

Se os resultados eleitorais das últimas eleicións europeas se repetiren, en 2014, a imposición de un limiar entre 2% e 5% poderá  deixara fora o BNG do Parlamento Europeu que obtivo o 2,08% na coalición de partidos nacionalistas Os Pobos Deciden, en parceria con Bildu, entre outros. Tamén Esquerra Republicana de Cataluña que obtivo o4,01% dos votos e dois lugares coa a sua coalición A Esquerda pelo Direito de Decidir, e a valenciana Coalició Compromís, que foi apresentado ao Europeu con outros partidos de esquerda de Aragón, Extremadura e Ceuta, e obtivo 1,92% dos votos e un asento. Tamén obtivera menos de 5% dos votos  Ciudadanos – que en 2019 as eleicións esperan mellorar o resultado.

Segundo fontes da UE, Merkel quería impór  o limiar para evitar que a extrema dereita alema entrara na Eurocámara, mas nos últimos anos gañou espazo eleitoral que semella improbabel que non supere o  5% dos votos. Porén, segundo as mesmas foontes, a obsesión da chancelleira é evitar que partidos antisistema como o Partit Pirata alemán teña representación no Parlamaento Europeo.

Porén,ainda  no é claro que a modificación da lei prospere nen que chegue para as vindeiras eleicions europeas, que se celebraran entre maio e xuño de 2019. De feito, a Comisión de Venècia recomenda que as modificacions eleiorais no se fagan menos de un any antess das eleicions. Se for as aprobada en  xullo, mes no que é previsto o debate, ficaria menos de un ano para as eleicións e, portanto, poderia ser que se decidíse que a reforma entrara en vigor en 2024.

Deixar unha resposta

Ten que ser rexistrado para publicar un comentario.

off
A %d blogueros les gusta esto: