off
Galiza, Movementos sociais, Política, Politica espanhola — 8 Xuño, 2018 at 8:02 a.m.

A Fundación Franco denuncia 19 militantes nacionalistas, sindicalistas e activistas por reclamar a devolución do Pazo de Meirás

by

A condena que reclama a Fundación, Carmen Franco e Cristobal Martínez-Bordiu suma un total de 247 anos de prisión pola toma simbólica do pazo o pasado 30 de agosto de 2017


A Fundación Francisco Franco, a finada Carmen Franco e o neto do ditador José Cristóbal Martinez-Bordiu Franco presentaron unha denuncia contra un grupo de 19 militantes nacionalistas, sindicalistas e activistas sociais, culturais e da memoria histórica por reclamar a devolución do Pazo de Meirás a través dun acto de toma simbólica o 30 de agosto de 2017, acto que tivo unha gran repercusión mediática mesmo a nivel internacional.

As persoas afectadas por esta denuncia, presentada ante o Xulgado de Betanzos, compareceron hoxe en rolda de prensa para dar lectura a un comunicado, no que explican que son acusados dos delitos de violación de morada, delito contra o honor con publicidade, delito por danos e delito por odio. En total, explican, os delitos dos que son acusados “por unha Fundación que realiza apoloxía do fascismo, pola filla e polo neto do ditador suman como mínimo un total de 247 anos de prisión e medio millón de euros de multa”.

O grupo de persoas denunciadas subliña que a acción de toma do pazo foi simbólica e que se levou a cabo nun día previsto como visita, “polo que dificilmente poderá considerarse violación de morada entrar nun edificio aberto ao público, ademais de que non houbo ningún tipo de violencia como quedou constatado polos medios de comunicación presentes”.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off