off
Sen categorizar — 7 Xuño, 2018 at 9:47 a.m.

Baixo o volcán

by

Malia non haber semellanzas xeolóxicas, o volcán El Fuego en Guatemala  deixou 99 mortos e case 200 desaparecidos porén a erupción do volcán Kilauea de Hawai non provocou ningunha vítima mortal. Recibiran aviso a tempo as comunidades locais sobre a intensidade da erupción do volcán El Fuego?


Un  dos factores chave do diferente impacto de El Fuego sobre a poboación vén dado polo seu  tipo explosivo  (poucos dias ou semanas), con ondas de choque que fixeran vibrar as estruturas locais e magmas ricos en gases, mais viscosos ( o que evita que os gases escapen fácilmente)  que os de tipo efusivo, como o Kilauea de Hawai, cuxa erupción pode demorarse no tempo durando meses ou anos. Os volcáns mais activos na actualidade atópanse no  Anel de Fogo do Pacífico,  zonas de subducción onde coinciden as placas tectónicas máis importantes , con grande actividade volcánica e sísmica. De feito en Guatemala rexistrouse un terremoto de magnitude 5,2  por mor da erupción.

A máis da xeolóxica hai outra diferencia, Guatemala é un dos paises máis pobres  de América, con comunidades indíxenas secularmente marxinadas, deslocamentos forzados de poboacións enteiras,  crecimiento e concentración pobocional e procesos acelerados de inculturación, corrupción sistémica e desmemoria que provocan que onde antes habia planificación endóxena, continuidade de memoria e coñecimento nos usos do territorio o que antes era risco hoxe se torne traxedia. A vulnerabilidade fronte as ameazas naturais vai de brazo dado da vulnerabilidade social. Non é o mesmo veranear rente o volcán El Fuego nun campo de golf (no hotel La Reunión, avisaran a tempo e malia ficar baixo as cinzas, non morreu ninguén) que morar nunha comunidade local. Agás a próxima Antigua, a cidade colonial que vive do turismo e que o país reciba arredor de dous millóns de turistas ao ano, o sector máis grande da economía guatemalteca  é a agricultura malia o grande  crecimento do turismo, a industria do petróleo e o textil: tamén esa é unha liña divisoria que correlacióna pobreza e percepción do risco. A inxente entrada de divisas polo turismo e crecemento do sector servizos, no tivo o correlativo desenvolvimento de servizos básicos nas zonas rurais agrarias con alta poboación indíxena ( 39.3% da poboación total). Nas abas dos volcáns moran pequenas comunidades que viven do gando e da agricultura. Sobrevivintes afirman que ningunha autoridade os informou a tempo sobre a  erupción  do volcán, agás os hoteis de luxo. Segundo declaracións para Prensa Libre de Raúl Salazar , xefe da Oficina Rexional das Nacións Unidas para a Reducción de Risco de Desastres (UNISDR) “a pobreza e reducción de risco de desastres están vinculadas e retroalimentasen unha á outra, e por iso é importante considerarmos que unha política para reducción de risco de desastres é unha política para a reducción da pobreza”. Cando a pobreza e a marxinación de comunidades enteiras teñen sido naturalizadas, a percepción da ameaza natural é outra. Malia a monitoraxe e seguimento permanente de volcáns, tamén no caso de Guatemala, para axudar a determinar a eventualidade dunha erupción, precísase o emponderamento que vén de brazo dado do desenvolvimento endóxeno  para que a ciencia e información xa dispoñibel se metabolicen involucrando o coñecimiento das comunidades locais na planificación do territorio e no correlativo desenvolvimento social e económico. Só así poderán ser efectivas.

 

A Pompeia de Guatemala

Moradores dixeran que foran apañados por rápidos fluxos piroclásticos (altamente letais xa que acadan altas temperaturas e velocidades superiores aos 100 Km/h, avanzan máis lonxe e máis rápido). Alguns afirmaron que nunca souberan do perigo até que estivo cima deles – e criticaban as autoridades.

Inalar cinzas ou gases volcánicos quentes pode asfixiar as persoas rapidamente. Segundo o vulcanólogo  Simon Carn, a análise de dados de satélite mostrou que o evento produciu o maior carregamento de SO2 medido a partir dunha erupción de El Fuego na era do satélite (desde 1978) e, portanto, probabelmente o mais alto desde a grande erupción de 1974. De feito, o fluxo piroclástico quente e a chuva dificultaran os esforzos de resgate. Explosións sacudiran estruturas a 20 km de El Fuego. O Aeroporto Internacional de La Aurora fechou e relatos de testemuñas oculares descreberan os fluxos piroclásticos que se movian rapidamente asolagando as leiras  que as persoas estaban traballando, ultrapasando pontes e enterrando casas até  o tellado nalgunhas áreas. San Miguel Los Lotes, Alotenango e El Rodeo (10 km SSE) foran os mais afectados.

Foto: La prensa APS

Como outras veces o volcán enviou  polas súas abas e para o alto nubes e fluxos quentes de cinzas misturadas con água e detritos, bloqueando estradas e queimando casas. Porén, esta vez a dimensión da última explosión non foi normal. Nas aldeas limítrofes que o volcán erupcione é como se chovera. Comezou como outras veces sen afectar á xente, mas cando se decataran da intensidade xa era tarde de máis. A axencia de desastres guatemalteca afirma  que 3.265 persoas foran evacuadas. Malia tratarse de un dos volcáns mais activos da América Central, o cónico El Fuego alcanza unha altitude de 13.763 metros acima do nível do mar desde o seu bico. Esa altura sobre o nivel do mar axuda a que o peso da lava acade 60 quilómetros por hora. Segundo o Instituto Smithsonian de EUA,, só en 2017 tivo 12 procesos eruptivos con fluxos de lava e piroclásticos. A asistencia internacional só pode chegar cando o Conred (Coordinadora para a reducción de desastres) solicitar ao ministerio de relacións exteriores de Guatemala que faga o chamado.

Kilauea

No hot spot de Hawai, un barrio na Illa Grande desapareceu cando a lava desabara en dúas áreas fronte ao mar, queimando centos de casas e cubrindo a baía, converténdoa en nova terra a emerxer do mar. A rocha fundida cubriu completamente o barrio – chamado Vacationland – e só algúns edificios permaneceran na zona próxima de Kapoho, informaron funcionarios da US Geological Survey. A rocha fundida da erupción do volcán Kilauea  tamén destruíu alomenos 117 casas nos asentamentos de Lanipuna Gardens e Leilani Estates onde a lava apareceu hai máis dun mes. O número total de casas destruídas  é de aproximadamente 400.

Ilustración do volcán Kīlauea desde a caldeira da cimeira até az ona da fenda leste ((LERZ). Frechas azuis = contracción pola zona de rift superior e medio, frechas negras = expansión en LERZ.

En Hawái, erupcións anteriores destruíron pequenas cidades, pero nada sobre a escala deste brote. Os fluxos de lava destruíron vivendas e outros edificios na mesma área en 1955 e 1960, pero a cidade de Kapoho era menos densamente poboada. Entre 1983 e 2014, unha erupción de Kilauea arrasou nas casas da cidade de Kalapana. Ao longo de aproximadamente oito meses en 1990, 214 vivendas foron destruídas nesa área. Unha casa perdeuse nun fluxo de lava 2014 separado no centro comercial de Pahoa.

Os científicos aínda están gravando unha vigorosa actividade volcánica. Malia haber só unha fenda no chan que está chimpando rocha fundida e lava, diminuíu nos últimos días, porén “aínda é realmente imposibel dicir”, cando vai acabar, afirma o xeólogo Stovall. Un terremoto de magnitude 5,6 alcanzou o cumio do volcán Kilauea de Hawai o mércores, enviando un penacho de cinzas e rocha a uns 3000 metros. O asolagamento de lava está entre os máis destrutivos e custosos na historia dos Estados Unidos. Aínda que ninguén morreu e só se informou unha lesión relacionada coa lava.

 

Arestora, a máis de El Fuego e o Kilauea o Boletin da Rede Global de Vulcanismo achega unha listaxe abranxente de todos os volcáns  en erupción durante a semana, mais un resumo da actividade:

Nome Localización Atividade
Fuego Guatemala Novo
Kerinci Indonésia Novo
Kilauea Ilhas havaianas (EUA) Novo
Merapi Java Central (Indonésia) Novo

Aira Kyushu (Japão) en progreso
Dukono Halmahera (Indonésia) en progreso
Klyuchevskoy Kamchatka Central (Rússia) en progreso
Piton de la Fournaise Ilha da Reunião (França) en progreso
Sabancaya Peru en progreso
São Miguel El Salvador en progreso
Sheveluch Kamchatka Central (Rússia) en progreso
Suwanosejima Ilhas Ryukyu (Japão) en progreso
Yasur Vanuatu en progreso

Para saber máis


Global Volcanism Programme, 2018. Relatório sobre Kilauea (Estados Unidos). En: Sennert, SK (ed.), Weekly Volcanic Activity Report, 30 de maio-5 de xuño de 2018. Smithsonian Institution e US Geological Survey.

 

Comments are closed.

off