off
Cedeira, Movementos sociais — 6 Xuño, 2018 at 06:56

Segunda mesa pola igualdade promovida pola concello de Cedeira

por

O  día 7 de xuño na Sala Áncora ás oito da tarde.


Sala Áncora, na praza Roxa de Cedeira

[Pingota Comunicación] O goberno municipal de Cedeira promove a celebración dunha Mesa pola Igualdade que terá lugar o día 7 de xuño. Con ela quérese dar continuidade á celebrada en marzo e que tivo éxito de asistencia e participación. Neste caso, como no anterior, trátase dunha actividade aberta e participativa, na que se abordarán os problemas que afectan ás mulleres e na que se prevé trazar as primeiras liñas de actuacións para reducir as diferencias que aínda hoxe se están a dar entre homes e mulleres, segundo se fai constar desde o Concello. Representantes municipais explican que a realización deste acto tamén responde ao interese do colectivo feminino pola realización deste tipo de iniciativas e por darlle visibilidade á actual situación de desigualdade. Tamén apuntan que a temática xirará arredor do 28 de xuño, día do orgullo gai.


Este texto é un servizo da axencia Pingota Comunicación. O Ollaparo non interveu na selección, nen no editorial, nen no contido da notícia.

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
A %d blogueros les gusta esto: