off
Galiza, Literatura, Livros — 6 Xuño, 2018 at 8:15 a.m.

Alex Pernas publica Xarfas, a súa primeira novela editada en Createspace

by

Nun mundo asolagado pola represión, a corrupción nón e a miseria, dispútase unha loita entre os poderosos que defenden o sistema establecido e os que o padecen, algúns limitándose a subsistir, e outros comezando a espertar ante as inxustizas que poden apreciar ao seu redor.


“Xarfas” é a primeira novela de Alex Pernas (A Coruña, 1986), na que se retratan cruamente as vivencias daqueles que foron golpeados polos xiros dun destino caprichoso e dos causantes da súa fortuna. Editada en Createspace Independent Publishing Platform, subsidiária da Amazon.com, unha plataforma de autopublicación que permite a distribución de libros como edicións impresas e de libros eletrónicos , alén de grabacións de músicas e filmes sen a retención de editores e custos iniciais. A publicación en papel realizada a través desta plataforma permite aos autores desenvolver unha especie de bricolaxe de edición, tamén denominada “indie publishing”, que a priori permite  controlar todo o proceso e utilizar o método de impresión baixo demanda, producindo e enviando aos compradores  o número de copias que soliciten.
Xarfas presenta na capa unha fotografía de Masami Ishikawa (Close up Barbed wire, 19 de decembro de 2012, distribuída baixo licenza Creative Commons (CC BY-SA 3.0).
Alex Pernas, nado na Coruña no ano 1986, desenvolve a súa carreira coma enxeñeiro de software na sua cidade, tras cursar os estudos de Enxeñaría Técnica en Informática de Sistemas e Grao en Enxeñaría Informática, con Mención en Enxeñaría do Software, na Universidade da Coruña. O romance Xarfas é o seu primeiro proxecto literario, porén, ten participado noutros ámbitos culturais, principalmente no da música, onde estivo en diversas formacións, sendo as principais delas TST (heavy metal), coa que publicou no ano 2008 unha maqueta de sete temas, do mesmo nome que a banda; Ad Intra (doom/death metal), coa que publicou o sinxelo We Aren’t Ready to Take O no ano 2011 e o disco de longa duración Inside Us All no ano 2013; Os Relámpagos de Nós (rock), e Oymyakon (groove/death metal), coa que comezará a percorrer os escenarios neste ano 2018. Tamén ten colaborado con diversas asociacións e xentes do ámbito do activismo, sendo unha das principais accións a súa labor coma parte da xunta directiva e tesoureiro da protectora Asociación Gatuchinhos.

Xarfas pódese mercar en papel a través de Amazon e descarga de balde en formato pdf ou en formato EPUB

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off