off
Cedeira, Cultura, Festas — 4 Xuño, 2018 at 7:28 a.m.

A comisión de festas de Cedeira 2017 fai balanzo

by

O Concello vén de recibir a cantidade de 7.727,53 euros da Comisión de Festas da Patrona 2017.


[Pingota Comunicación] É o balance definitivo dos gastos contabilizados e xustificados dunha subvencion municipal cuxo importe ascendeu a 115.000 euros. O asunto abordouse esta mesma semana no transcurso dunha reunión na que o alcalde, Pablo Moreda Gil, e máis a concelleira de Cultura e Turismo, María Xosé Rodríguez Pérez, agradecérolle á comisión “tanto o traballo prestado ao pobo pola organización das festas como a súa boa xestión económica”. Pola súa parte, os seus integrantes -Masé, Fernando, Malena e Juan (faltan na foto Cristian e Chente)- explicaron aos responsables municipais que os pagos das festas remataron no pasado mes de outubro do 2017 e que o ingreso se fai agora, unha vez que servizos económicos do Concello tivesen comprobado todos os xustificantes presentados dos gastos efectuados. Lembraron ademais o traballo realizado ao longo dun ano -organizando distintos eventos- para recadar cartos de cara ás festas e agradeceron así mesmo a colaboración do Concello e de toda a veciñanza en xeral -comercio, hostelaría, restauración, empresas e negocios da vila- que “coas súas aportacións económicas apoiaron o labor da comisión e o desenvolvemento das festas patronais do 2017”.

 


Este texto é un servizo da axencia Pingota Comunicación. O Ollaparo non interveu na selección, nen no editorial, nen no contido da notícia.
Tags

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off