off
Estado, Movementos sociais, Política — 1 Xuño, 2018 at 10:02

Pedro Sánchez, novo presidente do goberno español, despois de gañar a moción de censura

por

O PP fai oposición e acusa a Sánchez de pactar o indulto cos independentistas. Rafael Hernando afirma que o PSOE gobernará cos “amigos da ETA” e  “golpistas”. Sánchez xa ofrece aos  ‘jelkides” falar das contas de 2019. A imprensa europea pon en destque a febleza do presidente censurado a causa da corrupción.


Mariano Raxoi conta as horas como presidente do goberno español. A moción de censura contra Raxoi contou finalmente co apoio do PNG. Tamén o de Esquerda Republicana e o PDECat, así como Unidos Podemos e confluencias, Bildu,  Nueva Canarias e, por suposto, o PSOE. Pedro Sánchez, aterra na Moncloa como “outsider” após perder dúas xerais, ser expulso de Ferraz e recuperar o cargo. O PSOE pensa nun mandato curto para enfrontarse ás eleicións nas mellores condicións. Sánchez tera goberno con 85 deputados de 350, que chegaron á maioría dos 176 deputados polo rexeitamento que xera Mariano Rajoy mas non conta coa total confianza dos partidos que o votaron para ter estabilidade parlamentar. A presión pola corrupción pesou máis nos bascos que as promesas dunhas contas que Sánchez prometou respeitar. Tamén os  independentistas cataláns, a quen prometeu abrir unha nova de diálogo coa Generalitat. Galiza, porén, nen foi mencionada malia o chamado do deputado Fernán-Vello de En Marea “a rectificar esa realidade política adversa con Galicia”.

Deixar unha resposta

Ten que ser rexistrado para publicar un comentario.

off
A %d blogueros les gusta esto: