off
Editorial, Galiza, Movementos sociais, Política, Politica espanhola — 1 Xuño, 2018 at 9:58 a.m.

A irrelevancia galega na moción de censura

by

Sánchez deulle as grazas a “Fernández” (así se dirixiu todo o tempo a Fernán-Vello) e así rematou toda resposta ao chamado do deputado de En Marea a comprometerse “a rectificar esa realidade política adversa con Galicia” que segundo Miguel Anxo Fernán-Vello as políticas da Xunta e do Executivo central rebaixan “a extremos incribles o estatus de nacionalidade histórica”. Na súa quenda de réplica a Unidos Podemos e as súas confluencias, Sánchez nada dixo ao agónico chamado de que a moción “non é só desaloxar un goberno, nin cambiar para que nada cambie”.

Non é a exixencia, mas o automatismo do “grazas” de Sánchez o que funde de todo na obviedade o pedido de Fernán-Vello. Porque é óbvio que foi o propio deputado galego quen rebaixou o estatus de Galiza ao denominala en termos do rexime do 78, quer dicer, como “nacionalidade histórica”. Galiza volve a non estar no momento adecuado e coas xustas demandas. O contraste entre a resposta de Sánchez coa gravidade da exixencia de Fernán-Vello,  fornece a pauta e  trazo da asimetría. A soidade de Galiza é ontolóxica. Se todas as formas de poder teñen fasquía comunicativa, a reflectida entre Sánchez e Fernán-Vello é a da indiferenza do que outro diga ou faga. A obediencia debida tamén é un acto comunicativo. Ficou claro.

 

Comments are closed.

off