off
Cedeira, Política local — 30 Maio, 2018 at 12:44 p.m.

O goberno de Cedeira estuda medidas legais contra o PP por inxurias

by

[Pingota Comunicación] O goberno municipal de Cedeira estuda tomar medidas legais contra o PP local polas insinuacións feitas pola formación conservadora insinuacións feitas, primeiro no seu Facebook e despois na prensa, relativas á falta de ingresos bancarios procedentes do polideportivo municipal durante sete meses. O executivo local considera que “no escrito publicado manipúlase a información e omítese intencionadamente que o ingreso correspondente aos sete meses en cuestión se realizou con data 1 de febreiro de 2018, tal e como consta no informe da intervención municipal -do día 13 de abril do 2018- e remitido ao portavoz municipal do Partido Popular, Luis Rubido, con data de saída do rexistro municipal o 10 de maio de 2018”.
O goberno municipal de Cedeira asegura “non estar disposto a admitir ningún tipo de inxurias ou acusacións falsas” e insta ó PP a que “acuda ao xulgado se ten calquera irregularidade que denunciar”. O equipo de goberno tamén ten pensado pedirlle explicacións ao grupo municipal dos populares no pleno que terá lugar a principios de xuño.
O executivo cedeirense di que “non vale todo en política” e considera que “o PP local adícase a enlodar o labor do goberno municipal sempre mediante ataques persoais que nada teñen que ver coa verdade en vez de estar a facer oposición política e traballar polo pobo de Cedeira”.


Este texto é un servizo da axencia Pingota Comunicación. O Ollaparo non interveu na selección, nen no editorial, nen no contido da notícia.

One Comment

  1. Manuel Rodríguez Villasuso

    Imos ver: cando este grupo governaba levantou moreas de reparos. Un reparo é unha obxección que pon o interventor a un gasto por que non se axusta á legalidade. Pode o PP cuantificar cantos reparos levantaron, cantos cartos se gastaron, e en qué?
    Agardo unha resposta. Si son quén de publicar eses datos de Intervención agradeceriao. En caso contrário a dúbida está sementada.

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off