off

Chapapote político

por
"Chegou a democracia, mas non o futuro"
(Mariña Garcés en "Ciudad Princesa")

 

O PSOE de Pedro Sánchez activou unha moción de censura contra o goberno do PP que precisamente Ferraz levantou ao poder ao absterse en 2016 durante a investidura. O mesmo partido que deixou na estacada a Unidos Podemos (UP) cando Pablo Iglesias propuxo outro tanto hai poucos meses. Agora Rajoy pode caer por delitos compartidos da era Aznar. Os máis de 400.00 euros “desviados” para financiar ao diario dixital de Federico Jiménez Losantos, inimigo mediático número uno do líder conservador, evidénciao (FJL mesmo lle espetou un insulto homófobo a xeito de alcume). A acusación de mentir durante a súa comparecencia xudicial como testemuño non deixa de ser unha sobreactuación para xustificar a moi necesaria esixencia de responsabilidades políticas. Esquécese que non se trata dunha sentenza definitiva nen unánime. Hai un recurso en marcha ante o Supremo e un voto disidente do presidente do tribunal en sentido absolutorio. Pero a imaxe dun xefe de goberno en exercicio ante a xustiza, por primeira vez desde a democracia, é inapelable e xustifica o: “váyase señor Rajoy!”

Para pór a quen? Unha pregunta matrioska que se substancia noutra: Como! A resposta técnica é conseguindo que a iniciativa obteña 176 votos, a maioría absoluta do parlamento. E iso ten dous camiños distintos e distantes. O máis directo parece o máis difícil, porque a dura competencia entre os que senten gañadores nas enquisas (os 32 votos de Cidadáns) e os que cren que teñen unha xanela de oportunidade para o sorpasso (os 84 votos o PSOE) impide o consenso para avanzar cara á meta sumando a Unidos Podemos (67 votos) para facer pleno. O barómetro de maio do CIS sinalaba que o eixo integrado por PP e C´s dobrara a súa distancia respecto do obtido por PSOE e UP nas últimas eleccións. A outra fórmula para despedir a Rajoy sen a colaboración dos de Rivera, consistiría en forzar un sincretismo (modelo Frankenstein) entre todas as demais forzas políticas nunha especie de pírrico Fuenteovejuna. Ambas as combinacións teñen o seu lado escuro. Vamos ver.

Na primeira, que agrupa ao tres partidos con maior representación parlamentaria tras o PP, atopariámonos/atopariámosnos cun pacto entrefrebrado de incongruencias, onde a parte máis ingrata correspondería á xente de Iglesias. UP tería que aceptar como  pareceiro ao “Ibex 35”, precisamente a marca política á que deron cabazas cando Sánchez e Rivera solicitaron a súa complicidade para evitar investir a Rajoy hai ano e medio. Aínda que esta vez parece que por parte da formación morada todo serán facilidades. Non só a Iglesias non lle importa entenderse con dous dos cruzados do 155, o que significa o seu consentimento iniquidistante contra o Procés, senón que tampouco esixirá reverter as reformas de pensións e laborais feitas por PSOE. O seu único requisito previo é “controlar o mercado de alugueiro para asegurar unha vivenda digna”. O que despois do caso da casa de campo das parella Iglesias-Montero soa kafkiano.
A segunda combinación requiriría tamén un test de esforzo. Implica que os partidos independentistas e nacionalistas acepten apoiar a Pedro Sánchez sabendo que hai unha semana non só reiterou a continuidade do 155 senón que ademais propuxo unha reforma do código penal para que exista o delito de rebelión sen necesidade de que concorra violencia (volver á tipificación franquista). Pero en peores garitas fixeron garda. O mes pasado, o PNB e o PdCAT fundíronse con Ciudadanos e o PP para aprobar unha lei que permite o desaloxo exprés dos okupas. Ironicamente, agora todo indica que os 5 deputados do PNV poden ser vitais para desaloxar ao socio despoxador no poder. Sería unha xogada mestra que os vascos, despois de arrincarlle concesións ao goberno pola aprobación dos orzamentos, conseguisen outro botín por empoleirar a Sánchez, que quixo tombalos por pouco sociais. O que pasa é que iso deixaría ao PSOE, cun 155 mol ou sen el, en mans dos partidos de estirpe soberanista, o que seguramente tería serias consecuencias nas eleccións de 2019 e 2020, previstas baixo a síndrome centralista.
Mas digamos que a cousa, para A ou para B, prosiga e Pedro Sánchez chega a La Moncloa apesar dos maus agoiros das urnas. A consecuencia sería que o goberno estaría en mans do partido que promoveu o artigo 135 para privilexiar o pago a débeda pública; perpetrou a primeira contrarreforma laboral e das pensións; quere agravar a tipificación do delito de rebelión para dar ao 155 maior profundidade represiva (poderíase aplicar a movementos pacifistas); e está comprometido no maior xuízo por malversación habido desde a Transición pola contía do defraudado e o número e categoría dos inculpados. Pois ben, todo isto non depende tanto de Ciudadanos e do PNB como se fartaron de afirmar os analistas de todas as escolas, senón de Unidos Podemos e os seus decisivos 67 escanos. Se esas cábalas ponse en circulación ex ante á marxe de UP (de novo a moeda mala expulsa á boa) é porque contan con que, nunha ou outra variante, a única esquerda falsaria que aínda non está do todo socializada no statu quo dáse xa por amortizada. De hackers a brokers do sistema. Todo un síntoma de por onde irán os tiros futuros. Por certo, Podemos consultará  as súas bases sobre a moción de censura do PSOE despois de a súa cúpula a ter aceitado sen condicións.
Sirva esta reflexión como unha frecha para suxerir que sen unha ruptura democrática de abaixo-arriba, que xubile o formato continuista do Réxime do 78, seguiremos sendo espectadores da política que outros nos fan e dando corda á molicie. Se Rajoy cae (xusto e necesario na lóxica do “encerrados cun só xoguete”) volveremos outra vez á pixota que se morde a cola. Como cando Zapatero sucedeu ao Aznar das mentiras do 11-M e a guerra do Iraq, que á súa vez ao erar coa Troika derivou en Rajoy. Ou como cando após anos de pujolismo chegou o tripartito de esquerda PSC-ERC-ICV e o fracaso consecuente, outra experiencia que culminou recuperando máis do mesmo pero ao revés. Política circunvalatoria. Moitos non desaben que só dez anos despois do estalido da crise vólvese a chocar mais unha vez a burbulla inmobiliaria. E que inesperadamente algúns dos seus antigos detractores e hoxe líderes emerxentes axen de forma e maneira que parecen seus promotores mais entusiastas. O balanzo eleitoral con anabólicos do “tirate ti que me coloco” e os seus réditos institucionais é á democracia o que o onanismo ao amor: chapapote.

Deixar unha resposta

Ten que ser rexistrado para publicar un comentario.

off
A %d blogueros les gusta esto: