off
Galiza, Movementos sociais, Política — 26 Maio, 2018 at 11:20 a.m.

Despexado pola forza o CSO A Insumisa da Coruña

by

O goberno municipal da Marea Atlántica executou o despexo do CSO A Insumisa, coa parceria violenta de policía municipal e policía española.


A tradición libertaria galega tense manifestado a eito en sindicatos de mariñeiros, centros sociais autoxeridos espallados polos país en forma de ateneus ou escolas. Hai agora un ano a policia cargaba e retía  duas persoas no CSO Escárnio e Maldizer de Compostela, após 3 anos de autoxestión e de non poucas actividades e iniciativas sociais e culturais, sempre desde abaixo. O mércores  23 de maio de 2018 a policía rebentou o local do CSO a Insumisa de A Coruña, outro espazo  de autoxestión e soliedariedade activo desde 2016 no vello Campo da Estrada, resultando  feridas varias persoas concentradas en apoio. Segundo Galizacontrainformación e outras fontes consultadas, dúas persoas que apoiaban o CSOA, un policía e un cámara de TV. Porén, no video a violencia da acción policial fica vén a vista a quen ia direccionada. A carga desencadenouse cando duas mozas rubiron ao tellado de A Insumisa e desde alí dar maior visibilidade ao protesto contra o despexo deste espazo autoxerido.

O avogado de A Insumisa anunciou que van recorrer o desaloxo por entender que este decorreu sen se esgotar o prazo legal e sen avisarllo á persoa que debía ser notificada. O goberno de Marea Atlántica indicou que os okupas recibiron a notificación de despexo o 27 de abril e que tiñan oito días para facelo voluntariamente. N redes sociais a Marea afirma que “o que vivimos hoxe é un sinal de fracaso colectivo. Hoxe foi un día escuro, que condenamos e lamentamos. Hoxe hai persoas feridas polas que nos preocupamos e porque falou a forza e non o diálogo, que desde a Marea Atlántica buscamos dende o inicio”.

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off