off
Movementos sociais, Política, Politica espanhola — 25 Maio, 2018 at 12:00 p.m.

O PSOE presenta moción de censura para gobernar e convocar eleicións unha vez “recuperada a normalidade”

by

Ciudadanos exixe a Raxoi que convoque eleicións mas impídeo a moción do PSOE. A formación laranxa só apoia a iniciativa de Pedro Sánchez para ir ás urnas. Sánchez convocaria eleicións se gaña a moción, mas evita clarexar cando e afirma que aceptaría os votos dos independentistas


O PSOE rexistrou unha moción de censura contra o presidente do goberno español, Mariano Rajoy, o venres, segundo fontes consultadas logo de se confirmar a resolución do caso  Gürtel, que condena aos populares como partido lucrado a través da existencia dunha caixa B. O Partido Socialista convocou unha reunión executiva extraordinaria para esta mañá ás 11:00 horas, na que se formalizou a decisión, que  é firme despois do rexistro.

Os socialistas mantiveron un silencio absoluto o xoves durante todo o día, mentres estudaban os posibles escenarios que se abriran coa sentenza, demoledora para o PP. Foi líder de Unidos Podemos, Pablo Iglesias, quen puxo de riba da mesa a posibilidade de que os socialistas presentasen a moción de expulsar ao presidente español e anunciaron que terían un voto favorable. Os socialistas non responderon, mas convocaron a reunión extraordinaria do executivo para presentar a moción.

Sobre a posibilidade de ser investido cos votos dos independentistas, Sánchez dixo que “vivimos nunha democracia parlamentar” e lembramos que a  presidenta do Congreso foi elixida cos votos do PDECat e os orzamentos actuais, cos do PNB. É dicir, amostrouse disposto para recibir estes votos, mas  deixou ben claro que será “defender a Constitución e a soberanía nacional”.

O líder socialista considerou que a sentenza “abre o debate sobre a calidade da democracia” e explicou que antes de enviar a moción esperaban a posición do PP e Mariano Rajoy para darlles a oportunidade de “traducirse en demisóns “a  sentenza, para que asumisen a responsabilidade. “Unha vez máis ignoraron un fallo que os condena claramente e elimina o suposto termo”, dixo o líder socialista.

O PNB obre a porta a secundar a moción de censura do PSOE para chimpar a Mariano Raxoi. O partido abertzale acha que o “PP tén un problema coa corrupción”

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off