off
Sen categorizar — 23 Maio, 2018 at 6:56 a.m.

Morre Philip Roth, o escritor de “American Pastoral”

by

Na última hora, tamén finaran Bill Gold, o mestre dos cartaces de  Hollywood, e Robert Indiana, o escultor da parabra ‘Love’, un dos principais rerpresentantes do ‘pop art’ cuxa peza foi versionada arredor do mundo.


O escritor  Philip Roth morreu aos 85 anos en Nova York a causa dunha insuficiència cardíaca, segundo vén de informar o seu representante. Considerado un dos máis sobranceiros escritores dos EUA , gañou o Pulitzer por “American Pastoral”, publicado o ano 2013 por Kalandraka en versión galega de Fernando Moreiras.

Philip Milton Roth (Newark, 1933) era fillo de xudeus nordeamericans de primeira xeración. Os seus avós chegaran de Lviv e de Kiev e escribiu máis de 30 libros, incluíndo unha triloxía coñecida como a “triloxía americana”, formada por “American Pastoral” (1997) , “I married a communist”(1998) e  “The human stain”(2000). Con ‘American Pastoral’ Roth gañou o Premio Pulitzer, un dos moitos premios da súa exitosa carreira. Tamén gañou o Premio Faulkner, a Medalla Nacional das Artes e o Premio Príncipe de Asturias. ‘Patrimony’, que explora a relación co seu pai, gañou o National Book Critics Circle Award. O autor, de orixe xudeo polaco-ucraniana, explorou cuestións como a crise sexual e existencial, a vergoña e a culpa, sempre cunha dose de humor.  Alén de “American Pastoral”, onde a través do personaxe do Sueco Levov, cuestiona os valores da sociedade estadounidense nos anos 60, coa guerra de Vietnam como pano de fondo, o romance en primeira persoa ‘Portnoy’s complaint’ (1969)  – talvez o seu máis coñecido- un mozo de clase media explica as súas aventuras sexuais ao seu psiquiatra e vive atormentado pola súa obsesión polo sexo. Logo de máis de 50 anos de traxectoria, en 2010 escribiu “Nemesis”, a historia dunha epidemia de polio en Nova Xersei, o barrio onde creceu. O ano 2012 Roth anunciou, cando tiña 78 anos, que deixaba de escribir.

Bill Gold

Morreu o domingo pasado aos 97 anys quen deseñou os cartazes de Yankee Doodle Dandy (1942), o seu primeiro deseño de poster para un filme, Casablanca, Centauros do deserto, A laranxa mecánica, O exorcista,  Que foi de Baby Jane?, Esplendor na herba, Alien, My fair lady, Deliverance... Chegando a deseñar perto 2.000 cartazes, comezou a súa carreira profesional aos 21 anos na Warner, onde traballou até os  60 fundando despois o seu proprio selo. Dos seus traballos dicía que prefería “non explicar todo o filme e achegar o mínimo de información”. Eís os cartazes de  O exorcista ou de Alien, onde non aparecen os protagonistas. Talvez foi a longa parcería con Clint Eastwood a máis coñecida,. A súa colaboración  con Eastwood comezou coa saga Dirty Harry (1971), seguindo con O bandoleiro Josey Wales(1976), O xinete pálido(1985), Bird (1988), Sen Perdón(1992)  e As pontes de Madison County (1993), e o último dos seus deseños para  J. Edgar en 2011. No entanto, só cómpre repasarmos a listaxe de directores que confiaran en Gold para termos unha idea da historia do cinema dos últimos sesenta anos, aquén a alén Hollywood: Elia Kazan ( Ao leste do Edén ), Alfred Hitchcock ( Crime perfeito ), Sam Peckinpah ( Grupo salvaxe ), John Ford ( Centauros do deserto ), Martin Scorsese ( Un dos nosos), John Huston ( A noite da iguana), Steven Spielberg ( Quenlla), Federico Fellini ( 8 1/2 ) e  François Truffaut (A noite americana ).

Comments are closed.

off