off
Comunidades Galegas, Cultura, Galiza, Necrolóxicas — 21 Maio, 2018 at 11:38

Morre o escritor e xornalista Ramón Chao

por

O escritor e xornalista Ramón Chao morreu este domingo en Barcelona aos 82 anos. Chao desenvolveu gran parte da súa vida na Franza, en exerceu de xornalista radiofónico  e colaborou en varios xornais. En paralelo, escribiu por volta de vinte libros como ‘Prisciliano de Compostela’ (Seix Barral) e ‘A paixón da Bella Otero’ (Seix Barral).

Chao naceu en Vilalba (Lugo) o 1935, mas na década dos 60 emigrou a Franza con 21 anos para ampliar estudos musicais. Mas comezou a súa carreira radiofónica. Traballou en Radio France, sendo nomeado en 1968 director do servizo cultural en portugués e castelán. Unha década máis tarde comezou a dirixir todas as emisións de Radio France en castelán. Malia vivir na Franza, Chao mantivo o contacto con Galiza. Emitindo en galego cando estaba prohibido pola dictadura franquista. En 1976 publicou “Despois de Franco,España”.

Pai dos músicos Manu e Antoine Chao (fundadores do grupo Mano Negra) e irmao do teólogo e escritor Xosé Chao Rego, Ramón Chao tamén foi colaborador da revista ‘Triunfo’ e da mensaxe mensal ‘Le Monde Diplomatique’, que dirixe o tamén galego Ignacio Ramonet. En 1991 foi nomeado cabaleiro das Artes e as Letras polo goberno francés. En 1991 recibiu o Premio Galicia de Comunicación. E en 2004 foi parceiro da lista do BNG para as eleicións europeas (Vieiros)

Como o seu irmao, o teólogo Xosé Chao, do seu paso polo seminario de Mondoñedo vén a parceria e amizade con cedeirenses que alí estudaran.

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
A %d blogueros les gusta esto: