off
Estado, Movementos sociais, Opinión, Política — 16 Maio, 2018 at 08:19

Así non, Torra tamén non

por

Quim Torra e Carles Riera(CUP) cumprimentado ao comezo da sesión

Non é un erro político, é unha aberración democrática. Investir presidente da Generalitat a un seareiro do sectarismo parece moi pouco honorabel. Porque, aínda que o aludido pedise desculpas, non se trata de pecadiños de mocidade. É o currículo vitae dun militante do maximalismo identitario. Co agravante da súa promoción cultural desde as tribunas onde exerceu de intelectual orgánico da doutrina. Procurar escusas á promoción de Joaquín Torra ao podio da Catalunya en base aos múltiples excesoss e atropelos do macizo da raza do nacionalismo español non fai mais do que agravar o problema. Supón abrazar artes semellantes ás que empregan os seus adversarios do 155 e o acañado pelotón do “a por ellos!”. A xesuítica xustificación de usar un medio mau para lograr un suposto bo fin foi historicamente o couzo por onde se coaron ilustres pirados e malfeitores ansiosos de notoriedade pública.
E non é un problema menor para o movemento social que arroupa democraticamente o lexítimo dereito a decidir de boa parte daquela comunidade. O estigmatiza todo. É difícil acreditar que Puigdemont e o seu estado maior non tivesen outra opción á hora de escoller un candidato sen mochila penal menos teimosa. Un personaxe que, a par dunha case devotio ibérica pola causa do exiliado de Berlín, proxectaba en diferido certa condescendencia coas teses do conde de Gobineau. Porque se é así, se con esas credenciais Puigdemont avalase a Torras, as consecuencias poderían ser demoledoras para o Procés. Trátase, non o esquezamos, dun movemento autodeterminacionista, cívico, de ampla base popular, inclusivo e pacifico que enraizou entre a poboación catalá tanto polas súas propias virtudes como polos deméritos dos seus inquisidores.
Precisamente un dos trunfos que lle forneceran apoio, e mesmo a comprensión alén do seu epicentro natural, é a que agora pode resultar vulnerabel após a investidura do novo presidente. Estou a referirme a ondaxe de empatía, cando non de aberta e non disimulada simpatía, que o acoso do goberno Español sobre os eleitos cataláns espertou no medio mundo. Influentes sectores da opinión pública e publicada na Unión Europea (UE) situáranse ao seu favor ao enxegar que ao Procés e os seus representantes tiñan o dereito democrático á participación política plena e á liberdade de expresión sen incomodos nen restricións. Ao ponto de dar “raridade” de que un tribunal ordinario da Alemaña humillar a todo un maxistrado do noso Tribunal Supremo cuestionando a competencia da súa euroorde.
Semellante activo, construído sobre todo pola  teimosía mostrenga da Marca España contra o Procés, fica a partir de hoxe en barbeito. Agás que no plano dos feitos o tándem Puigdemont-Torra, que xa non teñen presunción de inocencia, demostren o trabucado desas sospeitas. Non encaixan medida ás cheas. Nen argumentando o manexado relato da “concorrencia de debilidades” que configurou o Réxime do 78 desde a voluntaria amnesia do legado fascista, nen facendo uso desoutra pragmática da realpolitik que fai estraños compañeiros de viaxe, se pode asimilar un dereito a decidir con númerus clausus. Neste momento meia Europa fica abraiada a alianzas-oxímoro, como a tecida polo populista Movemento 5 Estrelas e a xenófoba Liga Norte, confirmando a delgada liña vermella existente entre a afouteza democrática e a bulimia de poder.

Neste contexto, a papeleta da CUP é  extraordinario. Os anti-sistema son a factotum do presidente Torra, coa sua pomposidade e traballo. A súa non é unha abstención técnica, mas política e habilitante. É por iso que son os máis expostos neste xogo de xadrez en varias faixas. Para os outros, os profesionais da política e os seus lobbies, é só un episodio a engadir á súa carreira. Algúns máis ca outros, os partidos da Cataluña ten colaborado e coabitado con todos os tipos de gobernos a nivel estatal e Catalunya, e como cambiaron a ser os represores de 15M e benefactores do 3% para estar como rupturistas pivots en Madrid, poden acomodarse cando clarexe o ceo. Pero non a CUP, porque as asembleas son cuestión de principios e xogan unha coherencia gañada polo pulso. O seu ser ou non ser. Ainda que seu porta-voz no parlamento teña parapeitado nunha  reunión de Salvador Seguí como un distintivo de compromiso social, na aposta de Torra eles comezan con desvantaxe. Exceto que, o mesmo que o levantaran con todas as honras o deiten fora, deixando claro a todos que esta “excepcionalidade” expirou polo flagrante incumprimento do eleito. É extravagante pensar que a árvore retorcida pode se rexenerar ao son do pragmatismo. Estaríamos no imaxinario predominante do politicamente correto, o do Estado defendendose nos sumidoiros. Embora sempre resta a fraqueza dos ousados.

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
A %d blogueros les gusta esto: