off

A lei belga rexeita a extradición dos tres conselleiros cataláns

by

Fracaso imenso da xustiza española unha vez pousou o pé en Europa


O xuiz vai levantar as medidas cautelares sobre Toni Comín, Meritxell Serret e Lluís Puig, os tres consellers cataláns, que até agora non podian deixar a Bélxica sen permiso e tiñan que comunicar à xustiza un domicílio fixo. O tribunal considera, despois de escoitar a petición da fiscalía, que a euroorde non cumpre os requisitos para súa tramitación, segundo explicou o pròprio  Comín- conselleiro de saúde- á saída da súa declaración.

Segundo aparace hoxe en varios medios, o fiscal adxunto belga belga Dirk Merckx vai avisar ao xuiz  Pablo Llarena nunha carta do  12 de abril que a euroorde que afecta aos consellers tiña o problema de non estar baseao , es va dirigir primer a la representació espanyola á axencia de cooperación xudicial europea a asuntos penais, con sede na Haia, para consultar que faltaba este elemento chave. Do Eurojust tivo a resposta que a  base era a orde  de prisión ditada prèviamente pola xuiza da Audiencia Nacional Carmen Lamela.

Ao parecer o texto das ordes de detención europeas é moi diferente ás ordes dos estados, non sendo en absoluto compatíbeis. É do que informa o caso Bob-Dogi, que non chamou a atención do Tribunal Suprem. Trátase dunha consulta antes de decidir como executar unha orde de detención europea cursada por Hungria a Romenia pedición a extradición do cidadá Bob-Dogi, que atropelou un motociclista na Hungria en 2013. O que cursou sen unha una orde nacional de arresto e o tribunal de Luxemburgo resolveu que non cumpria cos requisitos das euroordes. Alén diso, segundo MercKx  o que o preocupa é o alcance da entrega solicitada xa que as ordes de detención europeas iniciadas por Lamela e desestimadas por Llarena alicerzaban sobre  cinco feitos e cadansúa cualificación delictuosa. As novas ordes de detención, baseadas nas mesmas ordes de detención  estatais de 2017  levan asociadas un número moito maior de feitos. Porén, nomean só dous supostos delitos – por rebelión e malversación para Comín;desobediencia e malversación para Serret e Puig]. Cualificacións que tamén difiren entres os suspeitos ainda que baseen na mesma descrición dos feitos.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off