off
Movementos sociais, Mundo, Politica internacional — 15 Maio, 2018 at 10:52

Masacre en Gaza polo traslado da embaixada de EEUU a Xerusalen

por

Israel mata ducias de persoas na fronteira de Gaza. As Nacións Unidas e a Unión Europea pediran unha investigación “transparente e independente” sobre o asasinato de manifestantes en Gaza , mas Estados Unidos xa bloqueou unha declaración da ONU respeito diso.


Unha placa de tránsito que leva à Embaixada dos EUA  antes da abertura oficial en Xerusalén, domingo, 13 de maio de 2018. A abertura da embaixada dos EUA en Xerusalén, aplaudida polos israelenses como unha validación histórica, é vista polos palestinos como unha afirmación directa da tendencia pró-Israel do presidente Donald Trump e un novo golpe para os fráxeis soños dun Estado.  (AP Photo/Ariel Schalit) Middle East Monitor (Licenza Creative Commons Atribuicióno-Uso Non-Comercial-Compartillamento da mesma licenza 3.0.)

Alomenos 55 palestinos, incluíndo cinco nenos, morreran onte polo fogo armado de soldados israelís na fronteira de Gaza, onde 40.000 persoas marcharon en protesta contra a apertura da Embaixada de Estados Unidos para Xerusalén, a primeira legación estranxeira que non estará en Tel Aviv. O número de feridos foi superior a 2.400. Os palestinos intentaran  cruzar onte a cerca que rodea a Franxa de Gaza para volter ás súas antigas terras, das cales as súas familias foran expulsadas en 1948, cando se creou o estado xudeu. Na actualidade, estes palestinos poden ver fácilmente desde a franxa as que eran as súas propiedades no pasado e onde moran  as familias israelís. Dende as mezquitas,os oradores exhortan á poboación a ir á fronteira. Decenas de autobuses trouxeron aos manifestantes que non tiñan ningún outro medio de transporte. Alí, os palestinos prenderan lume aos pneumáticos para evitar a visibilidade dos soldados israelís ao outro lado do valado desde onde practican de francotiradores.

Fontes oficiais israelís mencionaron aos manifestantes como “asasinos”, aínda que durante a onda de protestas que comezaron o 30 de marzo un líder israelí resultou ferido. O ministro israelí de Cultura, Naftali Bennett, advertiu de que o exército consideraría  “terrorista” calquer  palestino que se achegar ao muro.

Un portavoz do exército admitiu que as protestas foron as máis violentas rexistradas durante o último mes e medio. Alén diso, os avións israelís bombardearon alomenos tres postos de “terroristas” de Hamas no interior da franxa, informou a fonte. De feito, unha investigación realizada entre os israelís mostra que o 71% dos entrevistados apoian a acción do exército, que incluía o uso de tiradores de elite situados no lado israelí da fronteira, dispararon indiscriminadamente contra os palestinos do outro lado.

Conmemoración do Nakba

Espérase que as manifestacións continúen hoxe, dia de conmemoración do Nakba, a catástrofe para os palestinos que foi a creación do Estado xudeuhai 70 anos. Hamas é a organización que promove máis protestas que tamén teñen o apoio doutros grupos palestinos, mas non doutros países árabes.

Os líderes palestinos criticaron onte a decisión de trasladar a embaixada dos Estados Unidos a Xerusalén. “Este acto é equivalente a inaugurar outro asentamento ilegal” nos territorios ocupados, declarou o secretario xeral da OAP, Saeb Erekat. O presidente da Autoridade Palestina, Mahmud Abbas, describiu os acontecementos de “unha das peores masacres que vimos”. Pola súa banda, Kuwait solicitou unha reunión urxente do Consello de Seguridade da ONU. Mas esta reunión probablemente non terá consecuencias significativas para o futuro do conflito entre israelís e palestinos. Aínda que a reunión está prevista en Nova Yord, o problema segue sendo a negativa de Israel a abandonar os territorios ocupados, unha posición que ten o apoio dos Estados Unidos e o complicado silencio da Unión Europea.

Ocupación e asedio de Gaza

Israel ocupou forzosamente a Franxa de Gaza e outros territorios palestinos desde a Guerra dos Seis Días en 1967. Neste momento, Israel comezou a construír asentamentos non só sobre as terras palestinas en Gaza, senón tamén as terras sirias nas Alturas do Golán e territorio egipcio na peninsula do  Sinaí . Aínda que Israel desmantelou os asentamentos de Gaza en 2005, a súa ocupación militar permanece. Despois de que Hamas gañase as eleccións populares en 2007, Israel iniciou a súa blocaxe. Israel segue expandindo asentamentos en toda a Cisxordania ocupada tamén. As forzas israelís volvéranse cada vez máis violentas cara á poboación ocupada despois do anuncio do réxime dos Estados Unidos de trasladar a súa embaixada de Tel Aviv a Xerusalén. A maior parte do mundo árabe coñece a “Xerusalén” como “al-Quds” – os palestinos consideran que esta cidade é a súa capital eterna a pesar da ocupación israelí apoiada polos Estados Unidos.  As protestas planificadas en Gaza comezaron hai seis semanas e culminaron o día 15 de maio co Día Nakba: a expulsión masiva de palestinos desde a súa terra natal.

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
A %d blogueros les gusta esto: