off

A CUP absterase e Torra será investido

by

«A represión dun Estado totalitario levounos a non blocar a investidura», acrescentou Salellas,voceiro da CUP. E avisa: “É unha candidatura para que o estado a acepte e o Borbón a asine”


Segundo vén de informar o xornal Ara a CUP decide manter a abstención na investidura.O consello político da CUP decidiu hoxe por unha gran maioría manter a abstención dos seus catro deputados na investidura do candidato de Junts per  Catalunya (JxCat), Quim Torra. A abstención dá luz verde ao nomeamento do novo presidente e desaparece a sombra das novas eleicións, porque se os catro representantes da CUP no Parlamento votaran en contra, non se podería investir a Torra mañá por acumular máis votos en contrac que a favor (66 a 69).

O portavoz da Secretaría, Lluc Salellas anunciou que manterán catro abstencións, “que poñemos na mesa nos últimos meses”, porque “JxCat e ERC recuaran na consecución dos obxectivos que fan viabel a República e fai inviábel a CUP poder apoiar.Porén, engadiu: “O contexto político de represión dun Estado totalitario non nos impide blocar a investidura”. A este respecto, Salellas deixou claro: “Anotamos o discurso de Quim Torra,poren cómpre ir alén para garantimos os dereitos nacionais e sociais do país, e exixir que todo non fique en palabras “.

En relación ao voto Salellas recoñeceu que adoptara “por unanimidade”, mas que tivera un “amplo apoio” neste contexto político, a pesar das discrepancias co guión de JxCat ERC. O portavoz non quixo detallar o sentido do voto dos diferentes territorios, mas sinalou que “a análise da situación é partillada”. Proba diso é que os partidarios para manter a abstención gañaran con 40 votos en contraposición aos 24 que optaron por non garantir a investidura de Torra, informou o Ara.

A CUP ten considerado que non poden condicionar a súa “acción política á represión polo Estado”, e comprométese a “coordinar a acción antirepresiva para afortalar politicamente, mas non a mandado de Llarena.Lembran que “desde o primeiro momento dixemos que tivemos que continuar co embate cun programa de goberno para esta lexislatura que era valente e continuando o mandado do 1-O”. Neste sentido, lamentan que “a proposta do programa de goberno de JxCat e ERC non avanza na construción de medidas republicanas ou sociais que respondan aos dereitos e ás necesidades da clase traballadora e do resto das clases populares”.

María Sirvent, deputada da CUP, advertiu de que a súa abstención non é en ningún caso un cheque  en branco as dúas principais formacións independentistas. “A partir de agora a CUP irá á oposición, para facer unha oposición activa, non imos facilitar a gobernabilidade”. Por este motivo, buscou pasar de palabras a feitos. “Queremos que o discurso de Quim Torra sexa unha realidade e, polo tanto, esixiremos que as leis suspendidas polo TC sexan restauradas para brindarnos a soberanía”. “Tamén pediremos un proceso constitutivo das bases que supón unha ruptura verdadeira para facilitar a movilización popular”,engadiu. A CUP enceta a lexistaura como oposición e o nou govern debería achegar máis do que palabras para contar cos seus votos, necesario para desenvolver iniciativas políticas.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off