off
Cedeira, Desporte, Galiza — 8 Maio, 2018 at 12:16

Camiño dos europeus senior de badminton

por

[Pingota Comunicación] Cedeira e Galicia garanten a súa participación no próximo campionato europeo de bádminton sénior, que terá lugar en Guadalajara no mes de setembro, coas dúas medallas de ouro e unha de bronce que o equipo local senior acaba de conseguir na competición estatal celebrada hai uns días en Punta Umbría (Huelva).

Juan Antonio Rodríguez e Santiago Feire subiron ao máis alto do podio na modalidade de doble masculino (categoría D). Foi a mesma clasificación que obtivo a parella formada por Juan Antonio Rodríguez e Dolores López en doble mixto, mentres que Dolores López e Belén Florez quedaron terceiras en doble feminino C1-C2. Estes catro deportistas, xunto a Hilda Martínez (campioa de España) formarán o equipo que representará a Cedeira nesa importante cita do bádminton a nivel europeo. Na actualidade, o equipo cedeirense de bádminton está integrado por doce deportistas, dos que apenas tres son mulleres.

Dominio Galego
Das 39 categorías disputadas,  12  ouros  foron para deportistas seniors galeg@s.
IMSV: Ramón Quiroga (CB Cies)
DMSV: Ramón Quiroga (CB Cies) e José Mañana (CB Coruña)
DXD: Dolores López e Juan A. Rguez (CB Cedeira)
DMD: Santiago Freire e  Juan A. Rguez (CB Cedeira)
DFC1: Mercedes Fdez. (CP Athlos)
IFB2: Mª Montserrat Sánchez (CB Coruña)
DFB2: Ana Morandeira e Mª Montserrat Sánchez (CB Coruña)
DMB1: Jorge Macía e Alfonso Castelo (CB Pereiro)
IFA2: María Corral (San Amaro)
IFA1: Raquel Miguens (CB Ravachol)
IMA1: Pablo Méndez (CB As Neves)
DMA1: Yago Barbosa e Pablo Méndez (CB As Neves)

A máis, acadáronse 6 medallas de Prata e  9 de Bronce, un total de 27 medallas para toda a expedición nacional

 

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
A %d blogueros les gusta esto: