off
Cedeira, Música — 4 Maio, 2018 at 11:09 a.m.

Discalz@s polo Festival IV Edición

by
Foi en Marzo do ano 2014 cando naceu a asociación cultural cedeirense Discalz@s polo Festival.  Após o concerto Homenaxe a Benigna do Xarmolo de fermosísima lembranza na medida que logrou diferentes xeracións de soños musicais, bandas tan ou máis cedeirenses que a Rúa Fernando Lago,  grupos musicais pasados e presentes mesturados con proxectos emerxentes e sen visibilidade ou illados, cadraran todos nunha noite de Agosto do ano 2013.  O suceso deixou un pouso nesta vila tan achegada e chea de música que aconteceu que distintas xeracións sen relacións ou con pouca se atoparán para falar, tocar, cantar, traballar e sorrir xunt@s até tecer fortes lazos de amizade.
A só seis meses daquelas datas saíu unha crianciña, prematura pola presa de existir; nacen Discalz@s polo Festival, un fervor colectivo, un soño compartido por encher de música cada momento posíbel nas nosas prazas e curtas existencias, por promover e dar visibilidade a proxectos novos. Ao fin, por espallar sorrisos.
Aquela maxia dunha noite de verán non quedou colgada da lúa para se esquecer senón que se concretou coa procura de esforzo e organización maiormente situado na nosa Vila, máis tamén traballando dende Arteixo, A Coruña, Vigo, Madrid ou Ciudad Real. Tamén contando cun círculo de colaboradores tanto músicos como en loxística e sempre baixo proxectos autoxestionados e autofinanciados con moito traballo, incluído físico.
Longa é xa a memoria de actividades nestes catro anos en activo:
Tres edicións da versión local da Festa dos Maios, mestura de tradición, primavera, flores e rock&roll en colaboración coa Asociación de comerciantes e hostaleiros da Vila Vella, festa que nos alentou Rafael Loureiro “Calel”, a I Festa en lembranza do Parque-Pista do Floreal ou o Tributo á Tarraxe onde animamos á mítica banda cedeirense a volver a darnos azos ambas en colaboración coa Cervexaría O’Xarmolo. A emotiva e divertida Homenaxe a Paco de Lola, Paco Rufus.
Tamén temos clases de guitarra eléctrica e percusión para maiores e miúd@s a cargo dos nosos mestres Abel e Cesar , a dia de hoxe xa hai unha Batería d@s Discalz@s, a “Batucada” que animou  entre outros eventos dende a sua curta existencia por exemplo o Enterro da sardiña, evento no que se colaborou coa Concellería de Cultura.
A Batería dos Discalz@s e os Discalz@s polo Festival recoñecen a boa sintonía xurdida da colaboración tocando nestas ocasións coas nosas veciñas e veciños da Batería do Cariño e a quen temos gran aprezo polo aporte e apoio ofrecido sempre e a quen dalgún xeito e con certeza lles debemos o noso nome.
Mais,como é obvio, o motor sen dúbida d@s “Discalz@s polo Festival” é o seu festival de agosto, que leva dado momentos para o recordo e unha boa lista de bandas e actividades para nenas e nenos.  Vense celebrando no primeiro fin de semana de Agosto no Paseo Marítimo de Cedeira ao pé do Regueiro da Veiga, máis para nós tan dados a bautizar prazas e bairros dicímoslle “Praza da Revolta”
Hoxe, 4 de Maio do 2018, a tres meses da data estimada pola asociación e após de rematar as sinaturas dos últimos contratos temos, é un  pracer apresentar o cartaz da sua cuarta edición. [edición que conta coa colaboración da Deputación da Coruña e do Concello de Cedeira].  O festival engala con ánimo agradecido ao Leandro Lamas polo fermoso cartaz que nos deu  e ao  Quique Vázquez por sempre estares aí de parceiro-amigo. Con a intensidade  destes bimbios creativos o Discalz@s polo Festivalo comeza o venres 3 coas actuacións de:
Mad Martin Trío
Nao
The Skarnivals
Pölisong
O Sábado 4 ao mediodía temos chamada a festa coa Bateria d@s Discalz@s anunciando Sesión Vermú que contará con:
Triversión 
Ardecasas
No serán temos sesión infantil  especialmente adicada aos Discalzinh@s, aos nenas e nenos locais e visitantes que se achegan cada ano a deixar sinatura coa súa pegada e da que xa temos tres faixas impresas. Neste ano de novo contaremos con Xogos Populares e actividades para nen@s ademais do Trío Refugallo.
E para a noite máxica do sábado este último agasallo para todos vós:
Guadi Galego
Guezos
Familia Caamagno
Fogbound
Esperámosvos e desexamos que de novo a maxía e os sorrisos enchan a ría máis unha vez. Grazas a todas e todos os que nos dades alento.
Nós continuamos.
Fernando Igrexas Bouza, é membro da Discalz@s e da Organización do Festival

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off