off
Europa, Movementos sociais, Política, Politica espanhola — 3 Maio, 2018 at 8:09 p.m.

“Amaitu da” ETA anuncia oficialmente a súa disolución

by

Amaitu da, rematou. ETA comunica que é o «fin do seu percurso». Josu Ternera puxo voz ao final. Mariano Rajoy teima en non negociar


ETA anunciou hoxe nun comunicado o “fin do seu percurso” e o “desmantelamento total” de todas as súas estruturas. A declaración, que se fixo pública a partir das 14.15 horas a través do xornal Berria e do portal Naiz.info, indica que a súa militancia “ratificou” a proposta da dirección de “finalizar o ciclo histórico e a función da organización”. O líder histórico Josu Ternera leu o documento final de ETA anunciando que disolveu todas as súas estruturas, que xa non farán ningún tipo de acción política e que os seus militantes continuarán a loitar pola independencia e a revolución do xeito que consideren máis conveniente. Criticou que nen o español nen o francés queren abordar o conflito politico vasco. E non menciona ás vítimas.

A declaración foi acompañada por un video no que se coñece a voz do histórico Josar Urrutikoetxea, Josu Ternera e Marisol Iparraguirre, lendo a declaración en éuscaro e español. Podes escoitar aquí o comunicado.

Declaración final de ETA ao pobo vasco. ETA, organización socialista  de liberación nacional vasca, quere informar ao pobo vasco sobre o fin da súa carreira despois de que a súa militancia ratifique a proposta de pechar o ciclo histórico e a función da organización. Como consecuencia desta decisión, ETA desmantelou todas as súas infraestruturas. ETA remata toda a súa actividade política. Non será máis un axente que manifesta posicións políticas, promove iniciativas ou desafía outros actores. Os antigos membros de ETA continuarán coa loita por unha EuskalHerria reunificada, independente, socialista, Euskaldun e non patriarcal noutros ámbitos, cada un que o considere máis apropiado, coa responsabilidade e a honestidade de sempre.

É a secuencia lóxica logo da decisión adoptada en 2011 para abandonar definitivamente a loita armada. De aí en diante o desafío principal será construír un proceso como un pobo que ten como eixo a acumulación de forzas, activación popular e acordos entre diferentes, tanto para abordar as consecuencias do conflito como para abordar as súas raíces políticas e históricas. Realizar o dereito de decidir para acadar o recoñecemento nacional será clave. O movemento de independencia de esquerdas funcionará para que isto conduza á constitución do estado vasco. Adoptamos esta última decisión para favorecer unha nova fase histórica. ETA emerxeu deste pobo e agora disólvese nele.

 

Otegi afirma que hai xente “enfadada” pola disolución da ETA e acusa Rajoy de non ter “axenda para a paz”

Jesús Eguiguren acha que se deberían ter achegado os presos antes de ter deixado as armas. A estratexia da confrontación pola confrontación vingativa amosada por Javier Maroto (PP) esquence o tempo de tregua con Aznar negociando, esquecendo de paso que foi desde ámbitos fulcrais do nacionalismo vasco se deu como inutil, innesaria, dolorosa e tráxica a via armada. Maroto fala de “sanear”, un discurso propio do PP despois dun atentado. Non mudaran os tempos?Dupla vara de medir: tamén non hai que mexer o pasado do franquismo.

Alén de Ternera, a paz deseñada por  Arnaldo Otegi, o vieiro  de ETA bebe da doutrina de diferentes dirixentes: Txabi Etxebarrieta,Txomin Iturbe, Iulen de Madariaga, ‘Argala’, ‘Antton’.Coa só loita policial non teria rematado. É moi importante a evolución ideolóxica no interior de Euskadi.

Debería ser unha festa, porén, sendo o dia despois  esencial, non se albisca espazo de comunicación nun momento político que acepta o marco mental da dereita da dereita, o da fin de etapa de Rajoy.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off