off
Agro, Ciencia, Medio ambiente — 30 Abril, 2018 at 09:49

Unha revisión científica global revela alternativas efectivas aos insecticidas neonicotinoides que matan as abellas

por

Finalmente, despois de varios anos de espera, o venres votouse en Bruxelas a prohibición de tres perigosos insecticidas neonicotinoides para as abellas. O goberno español di que aínda non se posicionou, mas se fixamos a atención parece que poderían ignorar a  evidencia científica


Cortizo tradicional de abellas. Fonte:Wikipedia

A realidade é que as abellas seguen a morrer envelenadas debido ao uso de pesticidas na agricultura industrial. E non é de estrañar,  España é a campiona europea no uso de pesticidas e o Goberno non está a facer nada para acabar coa mortalidade das abellas. As abellas son moito máis importantes do que pensamos, para o planeta e para as persoas. Por volta  do 90% das plantas con flores e o 75% dos alimentos que comemos dependen dos polinizadores. Porén, malia a súa importancia, están a desaparecer: en Europa, o 37% das poboacións de abellas están en devalo. Segundo un estudo da UE, en España rexistrárase un index de mortalidade entre o 13% e o 19% no período 2012-13, e entre o  7,1% e o 11,8% o ano seguinte. Se a desaparición das abellas continua a este ritmo, Greenpeace alertaba que a productividade das colleitas de amorodos ou tomates poderia reducirse nun 75%.

Actualmente hai unha dúbida razonabel sobre os beneficios dos neonicotinoides e o fenilpirazol fipronil -os dous insecticidas sistémicos máis vendidos do mundo- no control das pragas. Investigacións recentes do grupo de traballo de rango científico interncional sobre pesticidas sistémicos  suxiren que os neonicotinoides non son tan efectivos com disuasión das pragas como se pensaba e aseguran que poden ser substituídospor unha variada gama de estratexias alternativas para a xestión de pragas, concluíndo que se necesita un novo cadro para un modelo agrícola verdadeiramente sustenbael que se basea principalmente en servizos de ecosistemas naturais en lugar de produtos químicos altamente tóxicos. Enfoques integrados de xestión como a paisaxe (por exemplo, corredores ecolóxicos), mellores métodos de cultivo (por exemplo, rotación de cultivos, variedades de cultivos resistentes), aproveitando o biocontrol ( por exemplo, predadores e parasitoides) e por outros medios ( trampas, insecticidas naturais).

O goberno español perde a oportunidade de demostrar o seu verdadeiro compromiso coa protección das abellas e outros polinizadores, logo de unirse á Coalición para a Conservación dos Polinizadores durante a Conferencia das Partes (COP) sobre a biodiversidade en decembro de 2016 e despois de que en 2013 apoiou a prohibición parcial de neonicotinoides.


Para saber máis:

Furlan, L., Pozzebon, A., Duso, C. et al. Environ Sci Pollut Res (2018). https://doi.org/10.1007/s11356-017-1052-5

Deixar unha resposta

Ten que ser rexistrado para publicar un comentario.

off
A %d blogueros les gusta esto: