off
Ciencia, Mundo — 20 Abril, 2018 at 7:23 a.m.

Os primeiros humanos sobreviviran e prosperaran na África do Sur despois da erupción do Toba hai 74.000

by

Os científicos analizaron os restos de dous campamentos paleolíticos na África do Sur (PP5-6 e VBB) para ver se houbo mudanzas dramáticas tras a erupción do Toba hai 74.000 anos en Sumatra. Atoparan evidencias claras de que as cinzas e vidro da erupción cairan nestes sitios, e aínda asín permaneceu a moradía humana.


A erupción do Toba cuspira unha coluna de fogo, fumaza, pedras e entullo. O vulcán  tamén inxetou grandes cantidades de aerosois na atmosfera, o que reduciu a luz solar (estimada entre 25 e 90%, dependendo da área), tornou o ceo cincento. Como resultado, as plantas morreran, houbo secas e incendios florestais. Ao mesmo tempo, o vulcán expeliu pequenos anacos microscópicos de vidro, cunha forma característica de gancho, chamada criptotrefa, que foram depositadas en sedimentos entodo o mundo.

A erupción, a mais poderosa dos derradeiros dous millóns de anos, afectou mais ecosistemas do que outros, posibelmente criando áreas, ou refúxios, onde os humanos eran mais protexidos do que noutras áreas. Os pesquisadores acreditan que nesas áreas protexidas os recursos costeiros, como os crustáceos, eran altamente nutritivos e menos suscetíbeis á erupción do que as plantas e animais nas áreas do interior.

A equipe de vulcanólogos e arqueólogos estudou un sítio arqueolóxico  nun refúxio rochoso chamado Pinnacle Point, na costa sur da África do Sur, perto da cidade de Mossel Bay, a case 9.000 quilómetros de distancia. Aqui encontraram restos dun asentamento humano durante o período glacial entre 195.000 e 130.000 anos atrás. A área foi novamente poboada entre 74.000 e 60.000 anos atrás. Os sedimentos tamén descobriran eses fragmentos de vidro vulcánico, unha marca que os cientistas poden usar para rastrear a erupción e que eles xa tiñan documentado nos núcleos de xelo da Groenlandia e da Antártida.

Nos restos, eles observaran que durante a erupcin do Toba, e tamén depois, as persoas que vivian na área continuaran a habitar este espazo sen que o desastre afetase súa vida cotiá. Arqueólogos descobriran que, durante ese período, os humanos nesa área figeram avanzos e inovaçcións tecnolóxicas.

 

Eugene I. Smith et al., Humans thrived in South Africa through the Toba eruption about 74,000 years ago,
Nature , 555, 511–515 (2018). DOI:10.1038/nature25967

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off