off
Música — 20 Abril, 2018 at 10:51 a.m.

“Déixaas”, videoclip do novo álbum de Mercedes Peón

by

Unha metáfora ancorada na industria naval de Ferrol


Mercedes Peón publica “Déixaas”, o tema homónimo do seu novo álbum, o primeiro desde que hai 8 anos  publicara SOS, Sihá, Ajrú e Isué. O formato alarga o universo creativo de Mercedes Peón con Ana Fernández e Mónica de Nut no escenario.Na rúa o vindeiro venres 27 de abril.

Segundo nota da discográfica Folmusica “Deixaas” é unha metáfora ancorada na industria naval de Ferrol, unha conceptualización de realidades que visibiliza o tecido social e cultural no mapeo sonoro subxectivo. Realidades da vida cotiá que viven nesta plataforma sen darse conta da existencia do total. Desde as diminutas faíscas que proveñen dunha rebarbadora ata unha crítica da construción social dos xéneros”

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off