off
Galiza, Movementos sociais, Política — 19 Abril, 2018 at 1:01 p.m.

As centrais sindicais galegas , vascas e catalás denuncian o “ataque” á democracia no Estado

by

A central galega CIG, ELA, LAB e Intersindical-CSC  denuncian en Compostela a “criminalización” e “persecución” que din sofrer e piden a fin da “represión” en Catalunya. Na declaración conxunta reclaman a fin da “represión” naquel territorio e a volta á “normalidade democrática” que comezaría pola “derrogación do artigo 155”. Alén diso, tamén pediron  a liberdade “de todos os presos políticos cataláns” e o cesamento do “acoso policial e xudicial contra cargos políticos e institucionais” nun Estado do que solicitan que recoñeza “o dereito dos seus pobos a decidir sobre o seu futuro”.

Carril, secretario xeral da CIG puxo en destaque que en Galiza a CIG foi a xuízo pola demanda de Navantia pola folga nas súas auxiliares ou que os transportistas Serafín Roríguez e Carlos Rivas seguen pendentes dun indulto que non chega para evitar a cadea. Afirma estarem ” no punto de mira do réxime as organizacións políticas e sociais que representamos a vontade popular e da clase traballadora, disposta a loitar, a mobilizarse, a defender os seus dereitos e a resistir ante a decrepitude dun Goberno fracasado”. “Non temos medo e, desde logo, non damos un paso atrás”, acrescentou.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off