off
Movementos sociais, Política, Politica espanhola — 18 Abril, 2018 at 7:23 p.m.

ETA vai disolver o primeiro fin de semana de maio, segundo Euskal Telebista

by

A disolución vén un ano após a entrega das armas


Haberá un evento en Iparralde, no norte de Euskadi, con personalidades internacionais e axentes políticos e sociais. Os detalles publicaranse o luns nunha conferência de imprensa do International Contact Group (GIC) do avogado sudafricano Brian Currin, Bake Bidea e do Foro Social.

O 8 de abril do ano pasado ETA entregou as armas á sociedade civil en Baiona. A organización non actuou desde o 10 de xaneiro de 2011, cando anunciou a cesación da actividade armada. Vinte mil persoas acompañaron o desarme da Comisión de Verificación Internacional, composta por políticos e mediadores internacionais.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off