off
Estado, Movementos sociais, Política — 18 Abril, 2018 at 19:23

ETA vai disolver o primeiro fin de semana de maio, segundo Euskal Telebista

por

A disolución vén un ano após a entrega das armas


Haberá un evento en Iparralde, no norte de Euskadi, con personalidades internacionais e axentes políticos e sociais. Os detalles publicaranse o luns nunha rolda de imprensa do International Contact Group (GIC) do avogado sudafricano Brian Currin, Bake Bidea e do Foro Social.

O 8 de abril do ano pasado ETA entregou as armas á sociedade civil en Baiona. A organización non actuou desde o 10 de xaneiro de 2011, cando anunciou a cesación da actividade armada. Vinte mil persoas acompañaron o desarme da Comisión de Verificación Internacional, composta por políticos e mediadores internacionais.

Deixar unha resposta

Ten que ser rexistrado para publicar un comentario.

off
A %d blogueros les gusta esto: