off
Cedeira, Historia — 17 Abril, 2018 at 08:53

Memoria cedeirense contra os crimes do franquismo

por

[Pingota Comunicación] “Hai que recuperar, manter e transmitir a memoria histórica, porque se empeza polo esquecemento e remátase na indiferenza”. Con esta cita de Saramago daba comezo hoxe a lectura, por parte do alcalde de Cedeira, Pablo Moreda Gil, da declaración institucional do equipo de goberno (PSOE, BNG e Anova) e máis do Colectivo das Esquerdas no acto de recordo e homenaxe ás vítimas da represión franquista celebrado no mesmo emprazamento no que ata 1938 houbo un campo de concentración franquista“. Un lugar cargado de simbolismo”, asegurou o alcalde na súa intervención, na que tamén fixo alusión á morte de republicanos indefensos “polo único delito de seren fieis a uns principios de liberdade e democracia” e aos máis de 100 veciños represaliados fisicamente polo réxime e as familias, especialmente mulleres, que “tiveron que aprender a convivir cos verdugos dos seus pais, irmáns e fillos”.
Nin ao longo da transición nin nestes anos de democracia considera o goberno de Cedeira que se teña feito o necesario para recuperar “esta innaturabel inxustiza, máis alá dunha deficiente Lei de Memoria Histórica”, unha lexislación que o goberno do PP ademais vén de incumprir e menosprezar avalando a postura de persoas que se negan a acometer exhumacións.
Todas istas consideracións, segundo o goberno de Cedeira, fan do encontro celebrado hoxe unha cita de reparación e xustiza que “deberían levarnos a cuestionar o modelo de Estado, esta monarquía herdanza do ditador ou ir poñendo os alicerces que permitan elixir ao xefe do estado por sufraxio universal”.
Nesta mesma dirección tamén foi a intervención de Enrique Barrera que, como representante da Asociación Memoria Histórica Democrática (AMHD), interveu no acto para lexitimar o goberno da segunda República, para facer unha chamada de atención sobre formacións políticas autoritarias que minte cun enorme descaro e para comezar a pensar en corrixir a historia reformando a Constitución para que “un día poidamos decidir se queremos seguir cos borbóns ou apostar por outras políticas”. Cun recordo a Celso Emilio Ferreiro coa lectura de versos da súa obra “Tempo para chorar”, coa tradicional ofrenda floral no monumento existente a carón do paseo marítmo e coa interpretación á gaita da alborada Abrente en Cordobelas e do himno galego pechaban as celebracións dun acto para o que o Concello de Cedeira conta coa colaboración da Asociación Memoria Histórica Democrática e co apoio incondicional da veciñanza que hoxe volveu a secundar coa súa presenza un encontro de recuperación da memoria histórica, porque “sen memoria non hai historia”, rematou o alcalde.


Este texto é un servizo da axencia Pingota Comunicación. O Ollaparo non interveu na selección, nen no editorial, nen no contido da notícia.



 				

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
A %d blogueros les gusta esto: