Axentes da Garda Civil detivérana polos cortes de estada durante a Semana Santa. A detención de alomenos unha membro dos CDR levantou as críticas dos partidos independentistas e dos comúns.
A Garda Civil trasladou a Madrid a coordinadora dos CDR (Comités de Defensa da República) detida en Viladecans, para declarar na Audiencia Nacional, acusada de terrorismo e rebelión. Agora buscan outra persoa que non estaba na súa casa, en Esplugues de Llobregat. Os axentes presentáronse armados rexistraron o piso. O gran despregue da policía sorprendeu aos veciños, segundo explica o RAC1 . A Garda Civil acusaos de seren os presuntos responsabeis da coordinación dos cortes e sabotaxe das portaxes durante a Semana Santa na Cataluña. Segundo fontes de investigación consultados por RAC1, a muller sería a encargada de difundir un audio nas redes sociais explicando as accións e estratexias programadas polos CDR. Algunhas accións que querían levar tamén aos portos e Mercabarna.
O expresidente da Asociación Catalana de Víctimas do Terrorismo e víctima do atentado de ETA no Hipercor Robert Manrique declarou para o programa de radio El món a RAC1 que “dicir que os CDRs són uns criminais é moi exaxerado”. Manrique salienta o uso político que é feito do conceito de terrorismo: “Non podemos comparalos con persoas que matan ou colocan bombas ou destroen móbeis urbanos constantemente.Non creo que os CDRs estexan armados nen alteren gravemente a paz cidadá, que é o que di a normativa. É unha maneira de usar o terrorismo por razóns políticas. É un uso de baixa estofa do que é terrorismo. As vítimas estan fartas.”
O PP pide aplicar aos CDR as penas da ‘kale borroka’ se actue “sen contemplacións”
O ministro do Interior Juan Ignacio Zoido participou nesta terza-feira nunha entrevista en Telecinco, na cal falou sobre a operaçción policial que comezou contra os CDRs. Especificamente, confirmou que os detidos serán acusados de crimes de rebelión e terrorismo.
Ciudadanos tachou os CDR de “comandos” e acúsaos de “violencia”. Alén diso, o PSC non vé motivo para aplicar a lexislación antiterroristas cos CDR