off
América, Editorial, Movementos sociais, Politica internacional — 9 Abril, 2018 at 6:54 a.m.

O golpe de estado xudicial é adicionado ao golpe de estado parlamentar no Brasil

by

"Cuidar dos pobres é muito barato e dá excelentes resultados, 
cuidar dos ricos é muito caro e eles nunca são felizes".
"O Brasil não redistribuiu renda para crescer, cresceu porque redistribuiu renda"
Lula

Luiz Inácio Lula da Silva chegou na noite do sábado a Curitiba, onde comezará a cumprir a pena de 12 anos e 1 mes de prisión pola condenación no caso do triplex en Guarujá (no litoral de São Paulo) ao que foi condenado por corrupción pasiva e lavado de diñeiro, como propina disimulada da construtora OAS para favorecer a empresa e contratos coa Petrobras.  Lula, alegou ser inocente e os cargos estar motivados políticamente para impedir que volva a presidir,  é o primeiro ex-presidente do Brasil condenado por crime común.

 Son as resolucións xudiciais que impiden a Dilma e Lula seren demandantes, aínda que – non hai que o dicer- a imparcialidade e independencia do poder xudicial levanten moitas dúbidas.  A cuestión é vella. Os dous eixos interpretativos que dividen a opinión pública brasileira debrúzanse  entre aqueles que sustentan a idea da existencia dunha componenda entre o poder xudiciario e as tradicionais elites oligárquicas brasileiras coa intención de defenestrar o liderado da esquerda brasileira e de anular calquera perspectiva de regreso dos sectores máis progresistas ao exercicio do poder; e do outro eixo, os que consideran que un poder xudiciario libre e independente está a combater con éxito un fenómeno de corrupción xeneralizada que envolve tamén o PT e o propio Lula da Silva e que calquera crítica á presunta exención dos xuíces significa unha preocupante ameaza ao principio da separación dos poderes, pondo así en causa a propia natureza do Estado de Dereito. O xuízo  bateu todos os rexistros de velocidade no macroproceso da operación Lava Jato, que investiga a corrupción na petroleira estatal Petrobras, a principal empresa do país. Até o momento, o xuíz Sérgio Moro nunca determinara a execución das sentenzas de prisión por culpabeis, que foron libres, en menos dun ano. Lula foi a excepción: nove meses desde o primeiro xuízo, emitido o 12 de xullo. Nos oito casos restantes, a entrada á prisión ampliouse entre 18 e 30 meses. Se a mesma lóxica fora seguida, Lula dá Silva podería presentarse ás eleccións presidenciais de outubro, onde encabeza todas as sondaxes.

Desde o unicio do proceso Lula os xuices pronunciaranse inúmeras veces aberta e publicamente contra o ex-presidente fora do ámbito do proceso,  manifestando contra ele unha hostilidade e un pre-xulgamento que  calquer outro sistema teria xustificado a recusa dos maxistrados. De feito, a orde da prisión de Lula foi escrita xoves pola tarde nun tempo récord: transcorreron 19 minutos desde que o tribunal de segunda instancia informou que non había ningún obstáculo legal para a prisión até o escrito do xuíz Moro. Os avogados de Lula non teñen tempo para reaccionar.

O xurista Rafael Valim (“O caso Lula e o fracaso da justiça brasileira”) pon en destaque  a parceria entre maxistrados e membros do Ministerio Público  e menciona o “fato de que no corpo da setença que condenou o ex-presidente Lula, um terço dos parágrafos foi dedicado a desqualificar  advogados da defesa” e a “interceptação telefónica de todo o escritorio que defende o ex-presidente”. Na mesma liña,  o  teórico do garantismo Luigi Ferrajoli apuntou a” a impresión que este proceso desperta en extenso sector da cultura xurídica democrática italiana é aquela dunha ausencia impresionante de imparcialidade por parte dos xuízes e procuradores que o promoveran, dificilmente explicábel se non coa finalidade política de por fin ao process de reformas realizado no Brasil nos anos dos gobernos de Lula e Dilma Roussef que retiraran da miséria 40 millóns de brasileiros”.  Ferrajoli destaca  tamén a tendenciosa petición de principio na avaliación das probas, xeralmente asumidas como verdadeiras se de acordo com a acusación e como falsas se en contradición coas hipóteses acusatórias. Todo iso  en simultaneidade co impeachment, de sustentación xurídica dubidosa, contra a presidenta Dilma Rousseff. A xeración dunha impresión de que os dous procedimentos teñen o significado politico dunha única operación  de restauración antidemocrática e que os xuices terian acelerado a celebración do proceso de segunda instancia en relación á duración habitual  a fin de chegar á sentenza de condenación definitiva o mais rápido posibel, co contributo do conservador thin thank Instituto Millenium e a Rede Globo, impedindo ao ex-presidente se candidatar nas próximas eleicións presidenciais.

Se asín for, o que pasa no Brasil desafía o destino da sua democracia. É un verdadeiro estado de excepción xurisdicional, un chamado de atención para a esquerda brasileira, que evoluiu da deposición golpista da presidente Dilma até  conformación doutro padrón  institucional e acumulativo no que a democracia emprazada  se transformará na bexiga chea de vento que fai parte da lóxica continental, diría mesmo mundial, de desestabilización de gobernos populares, minimante comprometidos coas demandas internas das maiorías. Con certeza, as políticas de vivenda, de educación e saúde, de familia e universidade dos gobernos de Lula e Dilma beneficiaran a millóns de pobres, mas cederan ao grande capital e ao modelo produtivista, moitas promesas non foran mantidas facendo concesións ás oligarquías, aos banqueiros e grandes propietarios agrícolas sen ter feito reformas estruturais necesarias que poderian alargar o goberno de esquerdas até momento. A corrupción, as capitulacións e as regresións  do PT aceleraran a perda de horizonte transformador. Como avisou Michel Löwy, a oligarquia xa non contenta con concesións. Unha ofensiva  da dereita neoliberal que atinxe America Latina, EUA e Europa. A elite brasileira tenta impedir que Lula sexa candidato por terceira vez. Infelizmente, como di Frei Betto, “o PT non fixo un traballo de alfabetizacion política do pobo” e  “non hai grandes mobilizacións das persoas beneficiadas polos gobernos do PT”. Un partido  anticapitalista  asentado na zona de conforto da representación parlamentar  acabou esgotando aí o seu horizonte xa que a parlamentar non é a única forma de representación en quen ten o alvo de mudar as institucións de xeito paralelo a efervescencia socioecolóxica que vai dos cristianos de base ao movimento feminista,  do Movimento do Passe Livre (pola gratuidade dos deficientes servizos de transporte) até o  MTST (Movimiento dos Trabalhadores sem Teto), arestora  o movimento social mais vizoso.

O Brasil asistiu a un golpe de estado democrático ou trátase precisamente agora dunha  nova fase na vida política e xudicial do Brasil alicerzada na separación de poderes cando o excepcional é a democracia? O proceso Lava Jato foi promovido para destruir o PT? Certo é que houbo condenas a algúns empresarios da construción e a políticos da vella guarda. Porén, é posibel acreditar nunha mudanza certa do transversal fenómeno de corrupción endémica do Brasil? Serve para darmos conta do que alí acontece fitarmos apenas a racionalidade analítica própria do sistema xudiciario?

O dificil momento do Brasil foi escenificado en dúas fases: en 2016, unha votación do Senado resultou na renuncia da titular Dilma Rousseff; hoxe, despois dun voto da Corte Suprema, é o seu predecesor, Lula, a quen envian a prisión. Agora debemos ter en conta que Lula foi o gran favorito para as próximas eleccións presidenciais, que serán en outubro.Coa eliminación dos seus dous principais líderes políticos, o Partido dos Traballadores pódese ver afastado do poder. O golpe de Estado xudicial se engade así ao golpe de Estado parlamentar. No Brasil, por exemplo, os mesmos xuíces que imputan o Partido dos Traballadores non interveñen contra os seus adversarios de dereita, aínda que as acusacións contra eles sexan máis serias.

É certo que non estamos máis no período da ditadura militar, que torturou Dilma Rousseff, aínda que, en 2016, Jair Bolsonaro – un deputado da dereita admirador do rexime militar que grazas á eliminación de Lula en seis meses  poida ser o próximo presidente- deu seu voto favorable á dimisión, e aínda que na véspera do xuízo do habeas corpus de Luiz Inácio Lula da Silva (PT) no Supremo Tribunal Federal, o xefe do Estado Maior do Exército, o xeneral Eduardo Vilas Boas publicaba no Twitter que “se mantém atento às suas missões institucionais” e compartilla “com os cidadãos de bem” o “repúdio à impunidade”, sen citar o xulgamento do petista.

En Brasil só se respectan os aspectos formais da lei (sen respectar debidamente os dereitos). O  proceso penal contra Lula ameaza a sociedade brasileira. Seria preciso analizarmos  os fundamentos discursivos que procuran lexitimar as profundas desigualdades que constitúen a fraxilidade da construción do Estado-Nación, debilidade da democracia no Brasil e os seus desdobramentos na restrición da cidadanía, restrinxida ao exercicio concreto de poucos, o que estabelece relacións predominantemente coercitivas do aparello estatal coas maiorías populares. De aí o chamamento recorrente a golpes de Estado na historia do Brasil, como o acontecido en 2016 coa destitución ilexítima da presidenta Dilma Rousseff,  co pretexto ridículo dunha composición orzamentária, algo que todos os presidentes anteriores fixeran e que os gobernadores dos estados brasileiros continuan a facer. Un ordenamento que non é socialmente unificador senón que formaliza múltiples categorías binarias  de “cidadanía” nun país profundamente desigual onde máis da metade da poboación se identifica como raza negra ou mixta ( con “subcidadanías” reclusas e indíxenas, afrobrasileiros, mulleres… ) en que poucos son asimilados efectivamente a condición de titulares de dereitos, mentres que o proletariado nativo informe e os traballadores, máis principalmente os da “caste” informal ligada ao mercado de traballo,  vese submetida ao Estado de Excepción, nunha seletividade escandalosa que malfere as pomposas proclamas sobre as virtudes exaltadas do patriotismo constitucional. Foi até aquí que chegou o proceso de inclusión permitido  polas oligarquías?

Do Brasil a Cataluña

A democracia representativa deixou de ser útil para a aplicación das políticas neoliberais? Pasou acima dos resultados das eleicións na Grecia, para favorecer as leis do mercado.  A xudicialización da política non é apenas un fenómeno brasileiro, mas é algo común a diversos paises occidentais que na tradición europea vai do control da constitucionalidade das leis até os esforzos de organizacións internacionais de proteción de dereitos humanos, sobretodo a partir da Declaración Universal dos Dereitos Humanos da ONU, de 1948. Porén, se enxergamos o proceso político como un todo,  esa aproximación entre dereito e política que serviría para mostrar fallos do funcionamento do Lexislativo e do Executivo, deita outra tendencia mundial que se vén acentuando hai décadas onde a xudicialización da política pode facer dificil diferenciar entre “dereito” e “interese politico”. Á xudicialización da política corresponde tamén unha politización da xustiza  na súa dimensión mediática. Que hai en todo isto que acontece no Brasil que nos lembre o que está a acontecer na España en relación coa Cataluña? Talvez que non é dificil observar a espúria asociación entre as empresas mediáticas na tentativa de purgar Cataluña dos seus representantes independentistas. A forma como decorreu a xudicialización do Procés, con encarceramento e exilio dos principais bultos do soberanismo cívico e dos seus representantes políticos revela até a náusea o devalo xudicialista que atenta contra dereitos fundamentais. Para alén das coxunturas específicas do Brasil e de España, da America Latina e de Europa, son visíbeis paralelismos por unha banda, a respeito das reformas neoliberais das leis laborais e, por outra, á xudicialización da política. A instrumentalización das democracias emprazadas cara unha orde ilexítima escollida polo Capital e por unha xustiza alineada coas clases dominantes na medida en que, como xa pasou coa interlocutória do xuiz Llarena, os intereses do Estado están por encima dos principios dos dereitos civís salferindo así  o futuro da democracia no estado español e ameazando prexudicar a europea de brazo dado do cariz populista da xustiza en Polonia e Hungria. A xudicialización da política e por extensión do mundo da vida a ditado do legalismo ideolóxico (co deslocamento da Constitución como fonte principal do ordenamento xurídico pola lei e a omnipotencia do xuiz) ten derivadas imprevisíbeis desde o momento en que xuices e xornalistas transformados  en salvadores públicos criando xulgamento  sumario e alimentando o retroceso da consciencia xurídico-politica acaban obviando a racionabilidade, a proporcionalidade, a ponderación de dereitos, o que supón non un criterio mecanicista Esquecen así que o constitucionalismo moderno non són só as normas, mas valores, principios e dereitos dirixidos ao lexislador. Quer dicer, desde o momento que a Constitución non é interpretada  de modo isonómico, “dedicindo” os órgaos do Estado en relación a determinadas persoas. A prisión preventiva, esa especie se sentenza  penal condenatoria antes do seu tránsito en xulgado, non observa o principio de presunción de inocencia e posibilita a presión antes de esgotados todos os recursos xudiciais.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off