off
Cedeira, Galiza, Historia, Política — 9 Abril, 2018 at 08:37

Cedeira prepara actos de lembranza en homenaxe aos represaliados polo franquismo

por

Teatro, conferencias e  oferenda floral no memorial  da Revolta


[Pingota Comunicación] . O Concello de Cedeira ultima os actos cos que un ano máis o goberno municipal e a veciñanza da vila recordarán aos represaliados polo franquismo con actividades e homenaxes. A programación arrincará este sábado coa celebración da primeira das citas. Será unha representación teatral a cargo do grupo Chévere que porá en escena a obra “Goldi Libre”. 

A sesión dará comezo ás 20.00 horas, terá lugar no auditorio e rematará cunha charla aberta sobre o movemento de insubmisión, no que tamén estará Robustiano Labraña, o concelleiro de Ensino, Mocidade e Lingua. O prezo da entrada é de 2,5 euros. “Goldi libre” é un traballo de teatro-documento sobre o movemento de insubmisión que levou a centos de xoves ao cárcere como presos de conciencia e que tivo como consecuencia inmediata a suspensión do servizo militar obrigatorio despois de máis de 150 anos de vixencia.

A seguinte actividade terá lugar o xoves, día 12, e consistirá nunha conferencia a cargo do historiador Enrique Barrera, que leva por título “Golpe de estado do 23 F, o que non nos contaron” e que está basada na tese doutoral do profesor Roberto Muñoz Bolaños. As citas conmemorativas rematarán o próximo domingo co actos de homenaxe e recordo ás persoas represaliadas de Cedeira e as que sufriron prisión no campo de concentración que houbo na localidade durante a guerra civil.

A praza da Revolta volverá ser a referencia para as persoas que desexen secundar coa súa presenza a celebración dun encontro que será ás 12.30 horas e no que estarán presentes, ademais dos responsables municipais, representantes da Asociación Memoria Histórica Democrática.


Este texto é un servizo da axencia Pingota Comunicación.O Ollaparo non interveu na seleción, nen no editorial, nen no contido da notícia.


 

Deixar unha resposta

Ten que ser rexistrado para publicar un comentario.

off
A %d blogueros les gusta esto: