off
Cedeira, Infraestructuras e Comunicacións — 5 Abril, 2018 at 08:16

O Concello de Cedeira toma medidas para evitar novos derrubamentos na estrada do porto

por

[Pingota Comunicación] O presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, acudiu hoxe a Cedeira, a instancias do seu goberno local, para visitar a zona que resultou afectada a pasada semana polo derrubamento dun ribazo sobre a estrada que vai ao peirao. No percorrido estivo acompañado polo alcalde, Pablo Moreda; a primeira tenente de alcalde, María Xosé Rodríguez López; o concelleiro de Deportes, Nicolás Vergara; e a patroa maior da Confraría de Pescadores de Cedeira, Lucía Villar. Na visita acordouse que Portos de Galicia vai acometer unha cerna das árbores que aínda poden significar perigo ou contribuír a novos derrubamentos, e tamén que retirará uns depósitos de auga que están na zona e poden afectar á súa estabilidade. A actuación abranguerá unha franxa duns 50 metros arredor do punto no que se produxo o deslizamento da pasada semana. Nesta mesma liña, o alcalde de Cedeira, Pablo Moreda, informou de que xa se ten localizados aos propietarios das 45 parcelas de monte que están próximas ao lugar e que de maneira inmediata se lles vai requirir que corten os eucaliptos que crecen na zona e que, pola súa envergadura, poñen en perigo a estabilidade do terreo. Moreda explicou que no mesmo requirimento se lles informará de que a Lei de Montes en vigor prohíbe a prantación destas árbores a menos de 50 metros das vivendas. O interese do goberno municipal é garantir a seguridade da zona e que non se repitan incidentes como o acontecido, que afortunadamente non supuxo ningún dano persoal.

 

 


Este texto é un servizo da axencia Pingota Comunicación.O Ollaparo non interveu na seleción, nen no editorial, nen no contido da notícia.


 

Deixar unha resposta

Ten que ser rexistrado para publicar un comentario.

off
A %d blogueros les gusta esto: