off
Estado, Europa, Movementos sociais, Politica internacional — 5 Abril, 2018 at 18:48

A xustiza alemá libera a Puigdemont e descarta o delito de rebelión

por

Puigdemont foi arrestado na prisión de Neumünster e sae cun depósito de 75.000 euros. A Audiència de Schleswig-Holstein cre que é “inaceitabel” o delito de rebelión mas prevé a malversación. Comín, Serret i Puig tamén en liberdade sen fianza.


No entanto, Lamela procesa a Trapero por dous delitos de sedición e organización criminal. A  Audiència Nacional tamén xulgará a Pere Soler, César Puig e Teresa Laplana por sedición.

Nun comunicado feito público polo tribunal, considera que a rebelión é “inadmisibel” porque o requisito de “violencia” non se cumpre, porén continua o procedemento para o delito de apropiación indebida de fondos públicos, que a fiscalía incluíu na súa petición. Ao rexeitar a rebelión, o Tribunal considera que se reduce o risco de fuga e, polo tanto, permite a Puigdemont pagar un depósito de 75.000 euros para saír da prisión de Neumünster, onde foi preso durante case dúas semanas. Apunta que, de acord co  codigo penal español, non se pode aceptar a rebeliñon porque “os actos que que lle atribuen non serian puníbeis na Alemaña segundo a lexislación vixente”.

Agora, a fiscalía alemá non pode recorrer a decisión, segundo expresou o avogado de Puigdemont, Jaume Alonso-Cuevillas, en declaracións a TV3. Alén diso, afirmou que recorrerá  polo delito de malversación de fondos públicos. Cuevillas explicou que cando feche o procedimento na Alemaña, Puigdemont podería voltar a Bélxica, se callar, e alí poderíase pedir unha nova euroorde de detención.

Comín, Serret i Puig tamén en liberdade sen fianza

Comín declarou a TV3 que están satisfeitos coa decisión de catro xuices de tres Estados da UE  e sobretodo que o xuiz alemá declare espúria a acusación de rebelión e portanto exixe a liberación imediata das nove persoas encarceradas por este motivo no estado español.  Comín, Serret i Puig, a diferencia da anterior libertazón, poderán moverse libremente por Bélxica.

1 Comentario

  • Pois a ver como demostran a malversación se ata agora non atoparon nin unha proba de que houbera desvío de fondos públicos no referendo. Mariano e Montoro dixit, en sesión parlamentaria en resposta a Cs.

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
A %d blogueros les gusta esto: