off
Cedeira, Ciencia, Galiza — 3 Abril, 2018 at 9:02 a.m.

O que é o efeito ‘Föhn’ ?

by

Normalmente, o efeito föhn ou sombra de choiva, está asociada a movimentos ou situacións meteorolóxicas ciclónicas e xeralmente é dado cando unha poderosa circulación de ar é capaz de elevar a súa masa e facela pasar através das montañas nun curto período de tempo. No mar de Cedeira dise que cando a Herveira está “encapotada” na costa o que temos é NE entalado.


En Galiza, a orografía ribeiriña provoca o brusco ascenso das masas de nubes oceánicas, obrigándoas asuperar os mil metros de altitude da primeira cadea montañosa que encontran no seu percorrido cara ao E –serras do Suído ou Faro de Avión– e os diferentes entre os 30-40 m e os 600 m de altitude representado pola Capelada, barreira orográfica que se levanta entre as rías de Cedeira e Ortigueira

O efeito “föhn”,  é un fenómeno meteorolóxico que ocorre cando unha masa de ar  debe atravesar várias montañas ou cordal de montañas. Cando o ar bate cun outeiro,  tende a subir para superar ese obstáculo. Através desta ascensión, a masa de ar perde a temperatura, porque, dependendo do gradiente térmico vertical da troposfera, á medida que aumentamos a altura, a temperatura diminui. Unha vez que esta masa de ar atinxiu o bico da montaña,  comeza a descer polo lado de sotavento. Encanto a masa de ar desce, vai perdendo humidade e aumentando a temperatura, de modo que cando atinxe a superfície, a temperatura é maior e a humidade é menor do que a que tiña cando comezou a rubir no lado oposto. “As correntes de ar, ademais de intentaren superar os obstáculos que se interpoñen nos seus percorridos (inducindo o efecto Föhn), procuran tamén bordealos, e é aquí onde se xeran os variados efectos de compresión, canalización, quilla ou funil” (A variabilidade natural do clima en Galicia).

As irregularidaes da orografia favorece que cando a masa de ar avanza e chega até o litoral se produzan diversos ascensos e descensos  do vento e, portanto, o aquecemento local vai acrescentando, provocando así que os valores máximos destes episodios se produzan na primeira liña da costa en forma dunha lingua de brétema.

Non todas as nubes da costa son “efeito Föhn”

Segundo Naranjo e Muñuzuri, “a ralentización do fluxo entraña sobre a liña de costa un fenómeno de concentración e alzamento do aire. A esta elevación, durante o verán, úneselle o efecto térmico ascendente derivado do forte quentamento superficial e da propia turbulencia. Esta acción combinada dinámico-térmica permite o desenvolvemento de nubes de tipo cúmulo ou cúmulonimbo e favorece o mecanismo das brisas mariñas. Evidentemente, os efectos desta deflación dependen, en primeira instancia, da dirección do fluxo. Así, un fluxo perpendicular ao litoral será comprimido e ondulado –efecto acordeón–, o cal pode traducirse nun principio de cicloxénese que se manifesta en variacións notables do campo de presión. O que sucede é que este mecanismo é facilmente confundible co efecto Föhn, derivado da acción do accidentado relevo costeiro.Este efecto hidrodinámico de obstáculo actúa, de igual forma, sobre os fluxos paralelos ou oblicuos ao litoral e as súas consecuencias fanse notar nos climas costeiros. No hemisferio Norte, un fluxo paralelo á costa está asociado a un fenómeno de diverxencia e a un aumento da subsidencia se a terra está situada á esquerda do movemento inicial.”

Cando a Herveira está “encapotada”

Os vellos mareantes de Cedeira afirman que o NE nace na Capelada. Por iso dise que cando a Herveira está “encapotada” na costa o que tempos é NE entalado.E debe ser certo cando navegando para SW vai perdendo forza montando Cabo Prior do mesmo que xeito que navegando para NE vai perdendo forza montando Bares. Mais este é o “efeito ventury”.

 

 

Para saber mais

O ano 2001 o Concello de Cedeira publicaba o libro de divulgación “A nube orográfica da serra da Capelada” de  José A. Bustabad para dar a coñecer o característico “efeito Föhn” ou vento Foehn, ben visibel na costa atlántica e cantábrica galega cando sopran ventos do sul. E en Cedeira na característica nube permanente da vixía de Herveira no cordal da Capelada cando entra  borrasca do sur.

A variabilidade natural do clima en Galicia - MeteoGalicia /Lino Naranjo e Vicente Pérez Muñuzuri .Fundación Caixa Galicia; Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible,2006

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off