off
Economía, Estado, Política — 3 Abril, 2018 at 11:54

O Estado aumenta de novo o orzamento da Casa Real

por

O goberno español conxela o investimento en Galiza, achega máis diñeiro para a monarquía e súbelle o salário un 13% ao presidente do Tribunal Constitucional


O Estado planexa investir  en Galiza  936,79 millóns durante 2018; apenas 12,19 millóns máis que o previsto para 2017  segundo o proxecto de orzamento presentado o martes polo ministro de Facenda, Cristóbal Montoro. Porén,  o AVE preséntase como principal succionador do investimento do Estado en Galiza o que na práctica é unha conxelación do investido no país.

Máis diñeiro para a monarquía

Quen aumentará o seu orzamento é a Casa Real, que, logo de mantelo conxelado entre 2014 e 2016 e aumentalo nun 0,56% en 2017, será un 0,87% maior este ano. En particular, pasará de 7,8 millóns a 7,9 millóns.

Do mesmo xeito, o Tribunal Constitucional aumentará as súas partidas de 23,6 millóns a 23,9 millóns, así como o Consello de Estado, que o Goberno español recomenda sobre recursos de inconstitucionalidade, de 10,9 millóns de euros 11,4 millóns ou o Tribunal de Contas – que está a perseguir casos de supostos desfalcos ligados ao proceso como 9-N ou 1-O de 6,2 millóns a 6,3 millóns.

Deixar unha resposta

Ten que ser rexistrado para publicar un comentario.

off
A %d blogueros les gusta esto: