off
Movementos sociais, Política, Politica espanhola — 24 Marzo, 2018 at 11:45 a.m.

O pleno mantense na Catalunya mas non se votará a investidura de Turull

by

JxCat, ERC, CUP, comuns e entidades amosarán unidade contra a represión nun acto conxunto 


A Moncloa ameza o presidente do Parlament se tira adiante o pleno. Aínda que algunhas fontes sinalaran que o presidente do Parlament de Catalunya, Roger Torrent, suspendera a segunda rolda de investidura completa como resultado do encarceramento do candidato, Jordi Turull, Torrent decidiu mantelo. Porén, a votación do candidato non será tomada. A asesoría de prensa da cámara confirmou que a sesión plenaria comezaría ás 11.30 horas. Alén diso, ignora os partidos unionistas que pediran suspendelo. Tras a sesión plenaria, Torrent lerá unha declaración conxunta na que os grupos soberanistas, Catalunya en Comú , os sindicatos e as entidades apoiarían unha fronte común contra a represión.

 

Finlàndia recibe a euroorde de detención de Puigdemont

O estado español enviou eurorde en castelán e Finlandia resposta que a envie en inglés. Segundo informa VilaWeb, fontes parlamentares finlandesees “as cousas cómpre facelas ben”. Isto pode alongar os trámites burocráticos nun momento chave, porque afirman que neste intre Puigdemont está na Finlandia, ainda que a súa volta a Bélxica está prevista en pouco tempo.

 

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off